Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

BAILE GALEGO E DANZAS DO MUNDO

CLASES DE BAILE GALEGO E DANZAS DO MUNDO. ASOC PES DE BARRO  

Os Luns e os Martes de Novembro a Xuño 2015, 19:30h a 21:00h no Salón do Liceo Casino, en Castelao 5. Prezo desde 10€ mes.

Danzas do Mundo comeza o martes 3 de novembro e baile galego o luns 9 de novembro, esperámosvos!

CURSO DE BAILE GALEGO

A Asoc. Pesdebarro, ensinará as dinámicas e pasos do baile galego para desde xá, poñelas en práctica e disfrutar do acto de bailar.

Comezará aportando o coñecemento dos recursos elementais do baile e motivar o emprego dos mesmos para permutar e combinar libremente os movementos.

Podedes vir e comprobar o doado que é divertirse e aprender, vale para calquera idade, podedes asistir a unha clase e comprobalo por vos mesm@s

Duración: Todos os luns do 9 de novembro ao 27 de xuño no Salón do Liceo-Casino de Vilagarcía de Arousa.
Horario: 19:30 a 21 horas.
Prezo matrícula por mes: 10 € para @s soci@s de Pésdebarro / 12 euros non socios-as.
Inscrición: pesdebarro@hotmail.com / tl.: 692646068

CURSO DE DANZAS DO MUNDO

A Asoc. Pesdebarro, imparte un curso de Danzas do Mundo no que se fara un percorrido polas máis destacadas e coñecidas danzas tradicionais do mundo, incluindo, por suposto, danzas galegas.

Entre outros moitas danzas, os alumnos terán a oportunidade de aprender a bailar danzas tradicionais portuguesas, francesas, catalanas, holandesas, xapononesas e moitos outros paises do mundo, ademáis de bailes xogos, etcétera.

O curso está dirixido a todo tipo de público sen límite de idade. Tampouco se require ter coñecementos nen nocións previas sobre baile nin danza tradicional.

Duración: Todos os martes do 3 de novembro ao 28 de xuño no Salón do Liceo-Casino de Vilagarcía de Arousa.

Horario: 19:30 a 21 horas.

Prezo matrícula por mes: 10 € para @s soci@s de Pésdebarro / 12 euros non socios-as.
Inscrición: pesdebarro@hotmail.com / tl.: 692646068

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget