Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

PLENO MUNICIPAL 26no'15

SESIÓN PLENARIA ORDINARIA NOVIEMBRE 2015 

Jueves 26 de Novembro 2015, 17:00h en Salón de Sesións da Casa do Concello. 

ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores de datas 19 e 29 de outubro de 2015.
2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes outubro de 2015.
3. Dación de conta de designación de representantes municipais nos órganos colexiados.
4. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas.
5. Aprobación, se procede, da declaración de obras de especial interese ás promovidas pola Asociación con Eles na Rúa Sobreira nº 24.
6. Aprobación, se procede, da declaración de obras de especial interese ás promovidas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no IES Armando Cotarelo Valledor.
7. Adopción de acordo, se procede, en relación coa Moción aprobada polo Pleno da Corporación de Meaño, sobre a Depuración da Ría de Arousa.
8. Adhesión, se procede, en relación coa proposición de Lei de iniciativa lexislativa promovida polos sindicatos CC.OO e UGT, para establecer unha prestación de ingresos mínimos no ámbito da protección da seguridade social.
9. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal de EU para que os Colexios que prestan servizo de comedor sexan equipados con cociña propia.
10. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal de EU sobre a paralización das licenzas de obras que superen os 2.500 m² de uso comercial.
11. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal do PSG-PSOE para reclamar á Consellería de Sanidade que manteña o montante da subvención anual que recibía o equipo de Prevención de Drogodependencias do SPAD de Vilagarcía.
12. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal do PP de convocatoria dunha reunión urxente para resolver a ubicación definitiva do obelisco na Praza de Galicia.
13. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal do PP en relación co Acondicionamento, mellora e rehabilitación dos parques infantís das zonas rurais e elaboración dun Plan Plurianual de execución orzamentaria e material dos mesmos.
14. Aprobación, se procede, da proposta presentada polo representante sindical dos traballadores da plantilla de Diario de Arousa (Editorial la Capital, S.L.) mostrando o rexeitamento aos despedimentos realizados.
15. Interpelacións.
16. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.
17. Rogos e preguntas.
18. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.


Vilagarcía de Arousa, 23 de novembro de 2015.

O ALCALDE-PRESIDENTE, A SECRETARIA XERAL,

Alberto Varela Paz,      Rosa Losada Suárez

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget