Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

FESTIVAL DE COMPARSAS 7feb'16


Domingo 7 Febrero 2016 17:00h en Auditorio. Entrada libre hasta completar aforo 

FESTIVAL DE COMPARSAS 

CATRO COMPARSAS DE VILAGARCÍA E SEIS DO SALNÉS ABREN O DOMINGO OS ACTOS DO ENTROIDO

O festival desenvolverase a partir das cinco da tarde no Auditorio Municipal 

Vilaxoán e Carril porán o acento vilagarciá e O Grove, Vilanova, Sanxenxo e A Illa o do resto da comarca 

O aforo controlarase mediante tickets que se entregará ao público a medida que vaia chegando e que deberán devolver si abandonan a sala antes do remate para permitir entrar a máis xente

O Certame de Comparsas do domingo abre a programación de Entroido en Vilagarcía. O multitudinario evento contará coa participación de 10 agrupacións, das cales 4 pertencen a diferentes parroquias do municipio e as 6 restantes a localidades do Salnés. O festival celebrarase a partir das cinco da tarde no Auditorio e a entrada é libre e de balde, aínda que para controlar o aforo entregaranse tickets á entrada do acto.

Por parte de Vilagarcía intervirán no certame as comparsas de Vilaxoán "Os Trancheiros", "O Xoubal" e "Marajota e Media", ás que se suma a formación da ANPA do Colexio Rosalía de Castro, de Carril . O Grove contará con tres chirigotas, "Os da Bayuca", "Leña Verde" e "Os de Casualidá". Dende Vilanova veñen "Os Golfiños" e da Illa "Armonía". Tamén Sanxenxo terá representación no certame coa comparsa "Os de Noalla".

A entrada ao certame de Comparsas do Domingo de Entroido é libre e de balde, pero entregarase ticket a cada persoa que acuda a ver as actuacións para poder controlar o aforo por motivos de seguridade. Os tickets non estarán numerados e a xente deberá devolvelos se abandonan o Auditorio antes do remate do espectáculo co obxecto de que se poida dar acceso ás persoas que quedaran fora.

O Certame de Comparsas de Vilagarcía non ten carácter competitivo. Cada unha das 10 formacións inscritas recibirá 300 euros como compensación.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget