Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

MARATÓN FOTO IGUALDADE 13fe'16

Sábado 13 febrero 2016 de 10:30h a 19:00h desde Auditorio ata Centro Sociocultural do Preguntoiro en Vilaxoán. Participación libre. Inscripción del 14 Enero al 9 Febrero. 

MARATÓN FOTOGRÁFICA: A IGUALDADE DE XÉNERO EN RELACIÓN A O MUNDO DO TRABALLO 

IGUALDADE CONVOCA O MARATÓN FOTOGRÁFICO, QUE XA CUMPRE OITO ANOS

A proba se realizará o sábado 13 de febreiro, de xeito que a mostra final poda abrirse coincidindo co 8 de Marzo, Día da Muller Traballadora

A proba comezará ás 10:30 no auditorio e rematará ás 19:00 h, cun control intermedio no centro sociocultural do Preguntoiro (Vilaxoán)

O ano pasado participaron trinta afeccionados de tres provincias

A Área de Igualdade, que dirixe Tania García, vén de convocar o VIII Maratón Fotográfico 8 de Marzo, que ten por obxecto promover unha reflexión sobre as desigualdades de xénero e polo tanto favorecer un cambio de actitude da sociedade. O prazo de inscrición comeza mañá, día 14 de xaneiro, e concluirá o 9 de febreiro. A maratón propiamente dita se desenvolverá o sábado día 13 de mesmo mes, de xeito que así a exposición dos traballos poderá abrirse o 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora.

Con respecto ao ano anterior, as bases do concurso apenas cambian. Desta volta a saída será do auditorio municipal, ás 10,30 da mañá. Os participantes deberán entregar os seus traballos no mesmo lugar entre as seis e media e sete da tarde do mesmo día. Terán, pois, nove horas para desenvolver os tres temas que se lles facilitarán o mesmo día do concurso. As dúas da tarde deberán pasar un control no centro sociocultural do Preguntoiro, en Vilaxoán.

Os mellores traballos de cada una das tres categorías recibirán un premio en metálico de 200 euros. O ano pasado participaron unha trintena de afeccionados de tres provincias diferentes (Pontevedra, A Coruña e Ourense) e idades que foron dos 12 as 66 anos.

O xeito de participar será con cámaras dixitais, as fotos entregaranse en arquivo JPEG e tamaño mínimo de 20x30 cm. Non poderán participar fotógrafos profesionais.

Folla de inscrición –gratuíta- coma as normas do concurso xa están dispoñibles na web municipal:http://www.vilagarcia.es/fotos/Inscrici%C3%B3n%20e%20Bases%20MaratonFoto2016.pdf

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget