Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

INSCRIP PREMIO BOAS PRÁCTICAS NA ESCOLA -29ab'16

Inscripción del 18 Enero hasta el 29 Abril 2016 

CONVOCATORIA X PREMIO PARA A IGUALDADE DE XENERO "BOAS PRÁCTICAS NA ESCOLA"

Convocado o X Premio para a Igualdade de Xénero "Boas Prácticas na Escola"

Os centros ou Anpas interesados dispoñen ata o 29 de abril para presentar as súas propostas

Os proxectos deben estar ou poñerse en práctica durante o actual curso 2015/16


O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello vén de convocar a décima edición do Premio para a Igualdade de Xénero "Boas Prácticas na Escola" no que poderán participar todos os centros educativos do municipio, así como as asociacións de pais e nais. Baixo o lema de "IgualDÁ", este premio creouse coa intención de promover a igualdade entre nenos e nenas, previr e erradicar a violencia de xénero a través de proxectos educativos a desenvolver nos centros de Ensino Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato. Para concursar haberá que presentar un proxecto educativo a desenvolver durante o curso. O prazo de presentación remata o 29 de abril.

O IX Premio para a Igualdade de Xénero "Boas Prácticas na Escola" ten como destinatarios os centros de ensino do municipio financiados con fondos públicos e as candidaturas poden ser presentadas polo profesorado, os departamentos ou a dirección do centro, así como polas ANPAS, sempre que nos proxectos estea involucrado activamente o alumnado.

As propostas de boas prácticas que concorran ao a concurso deberán ser orixinais e non ter sido premiadas noutros concursos. Ademais deberán tratar sobre o tema da educación para a igualdade e a prevención da violencia de xénero, cunha aplicación necesariamente práctica. Estes programas deberán ter comezado, aínda que non rematado, na data de finalización do prazo de presentación das propostas.

A Área de Igualdade do Concello concederá tres premios dotados cada un con 500 euros. As propostas serán avaliadas por un xurado composto pola concelleira de Políticas de Igualdade, o concelleiro de Educación e un representante do Consello Local da Muller, outro Consello Escolar Municipal e a directora do CIM.

O fallo dos Premios responderá ás tres propostas mellor valoradas polo xurado. Para elo teranse en conta criterios como a planificación e desenvolvemento do proxecto, os obxectivos e a coherencia das actuacións realizadas cos mesmos; o impacto ou resultado efectivo que tivo; o carácter innovador; o enfoque transversal ou o sostemento no tempo das accións, é dicir que teña como resultado cambios duradeiros que se poidan incluír nos Plans de Acción Anual, no Proxecto Educativo do Centro ou no Plan de Convivencia.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget