Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

ASEMBLEA EMIGRANTES RETORNADOS 11feb'16

Jueves 11 Febrero 18:00h en Auditorio

ASEMBLEA DA PLATAFORMA DE EMIGRANTES RETORNADOS DO SALNÉS ESTE XOVES EN VILAGARCÍA 

A Plataforma de Emigrantes Retornados do Salnés levará a cabo o vindeiro xoves 11 ás 18:00h. no Auditorio de Vilagarcía de Arousa, unha Asemblea Informativa, onde informarán das diferentes situacións e continuarán a denunciar os expedientes iniciados pola Axencia Tributaria contra @s emigrantes galeg@s retornados co abriga de acreditar as cantidades percibidas durante o ano 2008 en concepto de pensión no estranxeiro.

Na Asemblea tomará a palabra Xosé Lois Leiros, portavoz da plataforma e emigrante en Suiza,

A Plataforma anima a acudir a dita Asemblea a tódalas persoas emigrantes, xa de retorno na Galiza e en idade de xubilación, que son beneficiarias de pensións que perciben de estados estranxeiros, para informarse da situación das súas pensións.

Nos últimos anos os emigrantes retornad@s, con dereito a pensión, comezaron a recibir requirimentos da Axencia Tributaria para que declaren as cantidades percibidas durante o ano 2008 en concepto de pensións no estranxeiro, coa finalidade de proceder á regularización ou no seu caso formulación da declaración sobre o imposto das persoas físicas correspondente ao exercicio de 2008.

Estes requirimentos, que tamén indican a obriga a realizar esta actualización en relación cos exercicios de 2009, 2010 e 2011, estanse producindo nos últimos días de forma masiva en toda Galiza afectando a milleiros de persoas pensionistas retornadas, e de forma moi intensa, tamén a veciños e veciñas do Grove.

Hai moitas persoas que xa pagaron as cantidades requiridas e dende esta Plataforma piden a súa devolución.

A Plataforma recrimina ao Ministro de Facenda, Cristobal Montoro e ao PP, de utilizar o colectivo de emigrantes retornados para vender unha campaña contra o fraude fiscal no Estado español, cando son as grandes empresas as que utilizan argucias financeiras para defraudar a Facenda e non os traballadores e traballadoras retornados nin os seus herdeiros

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget