Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

SEMINARIO WEBAPPS HTML5 25feb'16

Jueves 25 Febrero 9:30h a 13:30h en Centro de Formación Matosinhos, Avda Matosinhos nº1. Entrada libre, inscripción previa 

SEMINARIO SOBRE DESENVOLVEMENTO DE WEBAPPS CON HTML5 

A actividade lévase a cabo o xoves 25 de febreiro e será impartida por un experimentado enxeñeiro informático mediante videoconferencia

Trátase dunha actividade formativa de carácter gratuíto para a que xa está aberto o prazo de inscrición.

A sesión realizarase no Centro de Formación Matosinhos (Avda. Matosinhos nº1) a través de video-conferencia desde as instalacións do CNTG.

O obxectivo do seminario consiste en trasladar aos/ás participantes as posibilidades de HTML5 no desenvolvemento de WebApps cun enfoque orientado cara a interfaces multidispositivos, ás novas apps de xeolocalización, local storage, appCache, posibilidades gráficas, utilidades que existen para xogos interactivos, etc.

Tamén se verá como aproveitar estas funcionalidades para converter as nosas Web Apps en aplicacións de escritorio grazas a JavaFx ou en aplicacións para smartphones con Cordova.

O relator da xornada será Antonio Varela, enxeñeiro informático apaixonado co seu traballo. Cunha experiencia laboral de máis de 7 anos, Antonio xa fixo fronte a proxectos de xestión hospitalaria, proxectos de e-commerce, proxectos de xestión para grandes multinacionais e no desenvolvemento de interactivos en HTML5. Formador Java para Oracle University, impartiu cursos e obradoiros en HTML5.

As persoas interesadas en participar no seminario poderán recibir información sobre a inscrición persoalmente no Centro de Formación Matosinhos ou telefonicamente no nº 986 51 16 21

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget