Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

INSCRIPCIÓN ACTIVIDADES DEPORTIVAS 9-29mar'16

Del 9 al 29 Marzo 2016 en Fexdega 

A FUNDACIÓN ABRE A INSCRICIÓN DAS ACTIVIDADES DEPORTIVASPARA O TERCEIRO TRIMESTRE

O trámite poderá realizarse do 9 ao 29 de marzo nas dependencias de Fexdega

A adxudicación das 200 prazas de pilates volverá a ser por sorteo si a demanda e maior

Vilagarcía de Arousa, 7 de marzo de 2016.- A Fundación Municpald e Deportes abre esta semana o prazo de inscrición nas actividades de adultos correspondientes ao terceiro trimestre do curso. Dende o 9 de marzo e ata o 29 de mesmo mes, os interesados poderán facer o trámite nas dependencias de Fexdega. Como en xaneiro, a inscrición de pilares deberá facerse cun formulario independente e a adxudicación das 200 prazas ofertadas farase por sorteo en caso de que a demanda sexa maior.

O número total de actividades a impartir segue sendo oito: ximnasia de mantemento, ximnasia acuática, ximnasia funcional, bádminton, aerobic, tai chi, ioga e pilates. O custe por trimestre é de 18 euros aínda que se establecen bonificacións en función dos niveis de ingresos. As persoas que xa dispoñen do carné da Fundación deberán anotarse igualmente ás actividades que desexen, sen pagar nada máis.

O formulario de inscrición pode imprimirse dende o taboleiro de anuncios da web municipal ou solicitar na sede da Fundación. Existe un propio para a actividade de pilates e outro para o resto das modalidades deportivas. Para evitar problemas de aglomeracións e a efectos de que todos os interesados poidan ter as mesmas oportunidades de acceso, non rexerá a orde de inscirción na actividade de pilates. En caso de que a demanda supera as 200 prazas ofertadas, a Fundación aduidicará as mesmas mediante sorteo público entre todas as persoas anotadas. En previsión de que haia que recorrer ao sorteo, a cada solicitude de inscrición tramitada entregaráselle ao usuario un número e o correspondente resgardo

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget