Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

REFLEXOS E SEMELLANZAS 27abr'16

Miércoles 27 Abril 2016 19:00h en Auditorio. Entrada libre 

REFLEXOS E SEMELLANZAS

CONSERVATORIO E ESCOLA DE IDIOMAS OFRECEN UN CONCERTO NO QUE MÚSICA E LINGUA DANSE A MAN A TRAVÉS DE VERDI

O traballo leva por título "Reflexos e Semellanzas" e baséase no famoso coro de escravos do tema "Va pensiero"

A experiencia permite que os alumnos de un e outro centro traballen nos seus respectivos campos dun xeito orixinal

O Conservatorio Municipal de Música de Vilagarcía e a Escola Oficial de Idiomas organizan unha actividade conxunta cuxo resultado poderá ver o público que o desexe o mércores, 27 de abril a partir das 19:00 horas no Auditorio. Trátase dun espectáculo musical que leva or título "Reflexos e semellanzas" nos que, a base da ópera Nabucco de Verdi, os alumnos do conservatorio traballaron a parte musical e os da especialidade de italiano do centro de idiomas, a lingüística. O concerto é de balde.

A proposta de realización desta actividade xurde do departamento de italiano da Escola Oficial de Idiomas e da profesora Roberta Maschi que traslada ao Conservatorio o director da EOI. A partir de aí comeza un traballo conxunto entre Roberta Maschi e os profesores do Conservatorio Diego Fernández e Fernando Ruibal,  cuxo resultado poderase ver o próximo mércores no Auditorio.

En "Reflexos e Semellanzas" combínase a interpretación de dous fragmentos da ópera Nabucco de Giuseppe Verdi e unha presentación dos textos, ofrecendo ademais unha breve contextualización histórica da ópera que levou ao éxito ao artista italiano.

Ben coñecida é a ligadura existente entre Música e Lingua, presente dende a Grecia Clásica a través do termo MUSIKE, que reflexa a devandita unión.

Nesta actividade,  en torno al coro de escravos "Va pensiero" da Ópera Nabucco trátase de incidir nese vínculo tan importante desta ópera ao tempo que se reflexa a tremenda semellanza coa realidade social actual.

Os fragmentos serán interpretados polo Coro de alumnos do Conservatorio, mentres que da presentación, en lingua italiana, se encargan os alumnos do departamento de italiano da E.O.I.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget