Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

18h TODO ME FALA DE TI 28may'16 👪

👪 Sábado 28 Mayo 2016 18:00h en Salón García 

TODO ME FALA DE TI 

Os recoñecidos músicos Uxía, Magín Blanco e Santi Cribeiro -que teñen mostrado a súa mestría para engaiolar o público infantil en traballos como María Fumaça, Rosalía pequeniña, A nena e o grilo ou Gatuxo- cantan os textos do poeta da Terra Cha nun concerto pensado para cativada de máis de 5 anos e as súas familias.

Deste xeito, ao tempo que difunden a obra de Manuel María entre a xente miúda, amplían o repertorio de música infantil en galego coas cancións do seu disco Canta o cuco. Todo me fala de ti ofrécenos, pois, temas bonitos e doados de aprender que se desfrutarán durante o concerto e que, con seguridade, se seguirán cantando na casa para que o galego estea presente no espazo
familiar unha vez rematada a actividade.

Entrada de balde ata completar capacidade.


Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget