Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

📣 CONCESIÓN DE PREMIOS E DISTINCIÓNS Á POLICÍA LOCAL 4jun'16

Acto en Concello. Sábado 4 junio 2016, 12:00h. Entrada libre/ 

ACTO DE CONCESIÓN DE PREMIOS E DISTINCIÓNS Á POLICÍA LOCAL DE VILAGARCÍA 

Serán condecorados 7 axentes en activo que cumpren 20 e 30 anos de servizo e 10 xubilados (un a título póstumo) 

Concédese unha Mención de Honra ao departamento de Intervención de Armas da Garda Civil de Vilagarcía e unha Felcitación Pública ao Servizo Municipal de Emerxencias 

Vilagarcía de Arousa, 3 de xuño de 2016.- O Salón de Plenos do Concello de Vilagarcía acolle mañá sábado, 4 de xuño, o acto protocolario de concesión de premios e distincións á Policía Local. A entrega dun total de 17 recoñecementos realízase segundo o previsto do Regulamento Municipal de Premios e Distincións da Policía Local de Vilagarcía aprobado polo Concello a finais de 2014. O alcalde, Alberto Varela, presidirá o acto institucional ao que xa confirmaron a súa asistencia os ex alcaldes e ex alcaldesa da cidade así como mandos doutros corpos policiais da cidade. O acto comezará ás 12 da mañá.

No apartado de distincións á dedicación e constancia, concederanse un total de 7 premios a outros tantos axentes entre as encomendas e medallas por 30 e 20 anos de servizo respectivamente.

O Regulamento, aprobado en 2014, prevé tamén recoñecemento para os funcionarios do Corpo da Policía Local xubilados que non foron distinguidos no seu día por carecer desta norma. Neste apartado premiarase a 10 axentes (un a título póstumo) con 3 cruces, 4 encomendas e 3 placas á dedicación policial.

Ademais, concederase unha Mención de Honra ao departamento de Intervención de Armas da Garda Civil de Vilagarcía pola súa colaboración co Corpo Local e farase constar a Felicitación Pública da Policía Local de Vilagarcía ao Servizo Municipal de Emerxencias.

O acto institucional de mañá estará presidido polo alcalde, Alberto Varela Paz, e contará coa presenza dos ex alcaldes Agustín Pereira, José Luis Rivera, Javier Gago, Enrique León, Dolores García e Tomás Fole. Así mesmo, asistirán os membros da Corporación Municipal actual, a Xefa da Policía Local e mandos dos distintos Corpos policiais do municipio, ademais de familiares dos axentes distinguidos.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget