Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

👪 FESTIVAL DO ESTÍO 16jul'16

En praia da Concha. Entrada libre. Sábado 16 julio 2016 12:00h / 

FESTIVAL DO ESTÍO 

Gran festival de música infantil na praia.
O Festival do estío é unha festa de celebración do verán destinada ao desfrute do público
familiar. Esta festa celebrarémola en Vilagarcía.

Programa 
  • 12:00h Inicio do festival, presentado por Montse Piñón e Pepablo Patiño, de TEATRO DOS GHAZAFELHOS 
  • 12:30h concerto PACO NOGUEIRAS 
  • 14:00h descanso
  • 17:00 Reapertura do espazo de xogos
  • 17:30h concerto OVIRAVAI
  • 18:30h concerto A GRAMOLA GOMINOLA
  • 19:30h concerto SONS MIÚDOS
  • 20:30h peche
Xogos
  • A CASA DOS XOGOS ludoteca itinerante chea de vida, diversión e aprendizaxe, foi creada co fin de dar a coñecer os xogos de taboleiro, billares tradicionais e xogos pedagóxicos novos cuxas orixes se sitúan en distintos países, culturas e épocas. Esta ludoteca ambulante preséntase como un gran espazo repartido por áreas de xogo onde os participantes poderán experimentar unha amplísima compilación de xogos tradicionais chegados dos cinco continentes, así como unha presentación de xogos de creación propia dos construtores e impulsores do proxecto, Cedric Bouchard e Xurxo Guzmán. Varios destes xogos avalan correntes pedagóxicas coma Waldorf ou Montessori, punteiras na pedagoxía, e numerosas escolas e centros de arte utilizan este tipo de soportes. Outros corresponten máis co que se ve nas feiras populares do norte de Europa. Sen dúbida unha proposta avalada para unha xornada de festas e diversión.
  • XOGOS PAPORRUBIO é un compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria, que nos dá a coñecer un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da nosa fauna. O noso paporrubio, calzado cuns zoquiños, guía a nenos e maiores por unha eira chea de xogos. Os participantes nesta aventura terán que ir descubrindo como se xoga a algúns dos xogos, mentres que se sorprenderán noutros deles grazas ás pequenas historias contadas e cantadas polos animais e habitantes da granxa, elaborados con xoguetes, marionetas e xigantes. A pretensión é facerlle accesible aos pequenos, a través da diversión en familia, unha cultura agraria que de por si adoita fascinar e marabillar.
O Festival do estío é unha festa de celebración do verán destinada ao desfrute do público
familiar.
Unha xornada chea da mellor música infantil galega e de xogos educativos dos que gozaran
tanto grandes coma pequenos, este festival quere ser unha cita obrigada para as familias de
Vilagarcía na que conflúen diversión e aprendizaxe, música e xogo, cultura e ocio.


Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget