Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

📣 SORTEO PLAZAS RUTA XACOBEA 23jul'16

Inscripción hasta 21 julio 2016. La ruta será el sábado 23 julio 2016 16:30h desde Peirao Pasaxeiros 

SORTEO 90 PRAZAS PARA LA XXXII TRAVESÍA DA RUTA XACOBEA  

Os interesados deben presentar unha solicitude no Rexistro do Concello ou no mail turismo@vilagarcia.es. O prazo remata o mércores 20 ás 14 horas

O sorteo realizarase o xoves 21 cos sistema informático e darase aviso aos beneficiarios segundo as bases que se poden consultar na web municipal

A Concellería de Turismo do Concello de Vilagarcía sortea 90 prazas para asistir á travesía da Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla que se celebrará o vindeiro sábado 23 de xullo pola tarde e na que participan embarcacións de ámbalas dúas beiras da ría. Os interesados deben inscribirse mediante solicitude presentada no Rexistro do Concello ou a través do mail turismo@vilagarcia.es, para o cal dispoñen de prazo ata o mércores 20 ás 14 horas. O sorteo terá lugar ao día seguinte e darase aviso aos beneficiarios segundo establecen as bases que se poden consultar na web municipal.

Saida dende o Peirao de Pasaxeiros, onde deberán presentarse os beneficiarios antes da hora para embarcar e iniciar a travesía ás 16:30 horas. Unha vez compretado o remonte polo río Ulla ata Pontecesures, os viaxeiros regresarán a Vilagarcía nos mesmos barcos.

Os formularios para tramitar a solicitude e recibir o número que lle corresponderá no sorteo pode obterse a través do taboleiro de anuncios da web municipal, nas oficinas municipais de turismo e na Concellería de Turismo.

Cada persoa só poderá figurar nunha solicitude e no caso de que o seu nome apareza en máis dunha, quedará anulada a última ou últimas que foran presentadas. O Sorteo realizarase mediante unha aplicación informática que permitirá obter de maneira aleatoria o número de corte a partir do cal se adxudicarán as prazas. Terá lugar o día 21 de xullo, ás 11 horas na Alcaldía.

Os agraciados deberán presentar o seu DNI no momento do embarque. Se algunha das persoas que confirmaron a súa asistencia logo decidira, por calquera circunstancia, non acudir, deberá comunicalo, na maior brevidade, á oficina de Turismo, no teléfono 986501227, ao obxecto de adxudicar a súa praza á seguinte da lista.

XXXII TRAVESÍA DA RUTA XACOBEA  

La Fundación Ruta Xacobea mar de Arousa Ulla, presentó en Cambados la XXXII edición del remonte marítimo fluvial conmemorativo de la Traslatio Apostólica que se celebrará el próximo Sábado día 23 de julio de 2016 a las 16.00 horas. Este acto rememora la última singladura del Apóstol Santiago desde Jaffa Palestina a Iria Flavia en el Siglo I.
La presentación se celebró en el Ayuntamiento de Cambados, punto de salida en esta edición.


Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget