Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

🎵 CARLOS JEAN+DJ'S 23h 14ago'16

concierto en parque Xunqueira, domingo 23h

CARLOS JEAN EN CONCIERTO 

En Parque da Xunqueira, 23h. Entrada gratis. 

📱 ¿Quieres recibir la agenda de San Roque cada día en tu móvil? Envia whatsapp "alta" al 644427922 

Dous mozos de Vilagarcía, Jorge Briones Viqueira e Nacho García Paz, compartirán escenario este domingo con Carlos Jean, no concerto que este ten programado no parque da Xunqueira, dentro de San Roque 2016. Jorge Briones, de 25 anos, leva xa varias tempadas pinchando no Dux da Coruña e participou en diversos concursos para Dj´s, mentres que Nacho García Paz, con apenas 18 anos, comeza a abrirse camiño nesta experiencia musical. Ambos plantearon ao Concello facer unha sesión dentro das festas, pero tendo en conta que xa estaba prevista a actuación de Carlos Jean, dende a Concellería de Cultura se lle suxeriu á produtora de Jean a posibilidade de compartir escenario. O músico quedou "encantado" coa proposta e aceptou inmediatamente.
Así, o domingo, a partir das 11 da noite, dous xóvenes talentos locais, Jorge Briones e Nacho García Paz, poderán amosar as súas habilidades diante de centenares de persoas, quizais miles, pero tamén dun dos referentes da música electrónica nacional e internacional e colaborador, xa como productor, xa como mezclador, de artistas como Alejandro Sanz, Fangoria, Bunbury ou Miguel Bosé, entre outros moitos. 

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget