💡 -CANCELADO- CURSO DE CREACIÓN DE FANZINES 5-9sep'16

Inscripción hasta el 19 agosto. Curso en Centro de formación CEMIT, Avda de Matosinhos. Del 5 al 9 septiembre 2016 por las mañanas 

-CANCELADO- "CREA O TEU FANZINE" CURSO DE CREACIÓN DE FANZINES

Está destinado a mozos e mozas de 14 a 30 anos e as inscricións deben realizarse do 19 de xullo ao 19 de agosto

Trátase dunha actividade de balde organizada a través do programa da Deputación Rúarte

A Concellería de Xuventude programa no mes de setembro un curso de creación de fanzines destinado a mozos e mozas de 14 a 30 anos. Trátase dunha actividade de balde, organizada a través do programa "Rúarte" da Deputación Provincial que se impartirá do 5 ao 9 de setembro no Centro de Formación de Matosinhos en horario de mañá. O prazo de inscrición ábrese mañá, 19 de xullo, e pecharase o 19 de agosto.

As persoas interesadas en participar deben recoller o formulario de inscrición na concellería de Xuventude ou imprimilo da web da Deputación e presentalas debidamente cubertas no rexistro Xeral do Concello. Ofértanse 20 prazas para esta actividade na que terán preferencia as persoas empadroadas no municipio.

Co Curso "Crea o teu Fanzine" preténdese ensinar aos alumnos os coñecementos, habilidades e destrezas básicas sobre a elaboración deste tipo de publicacións de carácter non profesionais, ligadas normalmente a un movemento cultural (música, literatura, ou outras...) e que teñen como destinatarios ao público afín a esas afeccións. No curso tamén se tratará de exercitar o lado máis artístico e a creatividades dos alumnos de cara á realización dos seus fanzines.

DEFINICIÓN
Os fanzines son publicacións non profesionais realizadas por persoas seguidoras dun
fenómeno cultural particular (música, literatura ou outras) para as persoas afeccionadas aos
mesmos intereses.

OBXECTIVOS
Adquirir coñecementos, habilidades e destrezas básicas sobre a elaboración de fanzines
Exercitar o lado máis artístico e a creatividade para a realización de fanzines

ACONDICIONAMENTO BÁSICO DA AULA
Aula con ordenadores (que dispoña de mesas e cadeiras)
Proxector

MATERIAIS ACHEGADOS POLA EMPRESA
• Carpeta do programa (presentación e condicións do programa, guión dos contidos que serán
obxecto de desenvolvemento, copia da póliza do seguro de responsabilidade civil e copia do
seguro de actividades)
• Materiais didácticos: folios ou caderno, bolígrafo e fotocopias (todos os materiais didácticos
precisos para a boa execución das actividades)
• Equipamento específico: programa de edición de vídeo (para instalar nos equipos do
concello), lapis, gomas, cores…

MATERIAIS BÁSICOS QUE LEVARÁ O ALUMNADO
Neste obradoiro non é necesario achegar material (salvo se o indica o persoal docente)

COÑECEMENTOS MÍNIMOS DE ACCESO
Non se requiren

NÚMERO DE PRAZAS: 20



Publicar un comentario

[facebook]

MKRdezign

{facebook#https://www.facebook.com/alcaine} {twitter#https://twitter.com/guiadearousa} {google-plus#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {pinterest#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {youtube#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {instagram#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL}

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget