Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

🎭 FESTICLOWN PROGRAMA 2016

Agosto 

FESTICLOWN 2016 

Programa: 

Lunes 1 agosto

  • 20h PETER PUNK Carril  Praza da Liberdade (Apartado Social: Festiclown nas Parroquias)/  

Domingo 7 agosto

  • 12h PETER PUNK Teleclube de Solobeira O Sixto. (Apartado Social: Festiclown nas Parroquias)/ 
  • 20h30 PETER PUNK O Souto Rubiáns (Apartado Social: Festiclown nas Parroquias)/ 

Lunes 8 agosto

Jueves 11 agosto

  • 11h VISITA HOSPITAL DO SALNÉS PALLASOS EN REBELDÍA (Apartado social). Algúns dos pallasos achéganse ao Hospital do Salnés para levar o riso e a alegría aos nenos e nenas que nestes momentos non poden gozar do Festiclown nas rúas./ 
  • 12h, 20h TRÍO REFUGALLO: RÍTMO REFULLAGO (Desclowntrol nas rúas). A animación toma as rúas da vila cunha nova proposta da man de membros de Odaiko e A Magnifique Bande dos Homes sen Medo que mestura clown, música sobre instrumentos feitos a partir de materiais de refugallo, participación e interacción co público. Un novo concepto de pasarrúas que espalla risa e ritmo./ 

Viernes 12 agosto

  • 10h JOAN ESTRADER: HUMOR PARA TORPES (Formaclown) / 
  • 11h  INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "PALLASOS EN REBELDÍA EN IDOMENI" Auditorio Municipal. (Apartado social) exposición sobre a experiencia no campo de Idomeni. 
  • Pallasos en Rebeldía 
  • ofrecerá unha proxección e espazo de debate sobre as persoas 
  • refuxiadas.
  • 12h TRÍO REFUGALLO: RÍTMO REFULLAGO (Desclowntrol nas rúas). A animación toma as rúas da vila cunha nova proposta da man de membros de Odaiko e A Magnifique Bande dos Homes sen Medo que mestura clown, música sobre instrumentos feitos a partir de materiais de refugallo, participación e interacción co público. Un novo concepto de pasarrúas que espalla risa e ritmo./ 
  • 13h PABLO GOOD IDEA: PABLO SUPERSTAR COOL Praza Ravella. (Superroquiños)/ 
  • 20h PABLO GOOD IDEA: PABLO SUPERSTAR COOL Rey Daviña. (Certame Intergaláctico) Lección maxistral de como debe comportarse un “superstar” no escenario, creando situacións tan absurdas como divertidas e interactivas co público, combinando clown e maxia./ 
  • 21h30 ROJO TELÓN: SOY ELLAS. Praza de Galicia (Mostra Internacional) A compañía propón unha viaxe emocional íntima mais divertida de tres mulleres que se atopan no mesmo camiño e deciden seguir xuntas. Poesía corporal, a través de elementos aéreos (trapecio triplo, teas…) e acrobacias de chan e verticais, que xerarán imaxes de moita forza visual e significativa, combinadas co clown./ 

Sábado 13 agosto: 

  • 10h LAURA MANDARINA: QUE É O CLOWN? (Formaclown)/ 
  • 11h ASOCIACIÓN ANDAINA “ROMEO E XULIETA” Salón García (Apartado social). A Asociación Andaina Pro Saúde Mental pon en escena a súa versión de Romeo e Xulieta, dirixida por Fran Rei. Estreouse con grande éxito nas I XORNADAS DE TEATRO E SAÚDE MENTAL o16 de outubro do ano pasado en Dodro./  
  • 12h TRÍO REFUGALLO: RÍTMO REFULLAGO (Desclowntrol nas rúas). A animación toma as rúas da vila cunha nova proposta da man de membros de Odaiko e A Magnifique Bande dos Homes sen Medo que mestura clown, música sobre instrumentos feitos a partir de materiais de refugallo, participación e interacción co público. Un novo concepto de pasarrúas que espalla risa e ritmo./ 
  • 13h DJUGGLEDY: EL DIÁBOLO Vista Alegre (Superroquiños)/ 
  • 20h DJUGGLEDY: EL DIÁBOLO Esquina da Baldosa (Certame Intergaláctico) Este “tolo guiri alemán” presenta un número con 1, 2, 3… Moitos diábolos! Con moita risa, música e enerxía positiva./ 
  • 21h30 GALA SOLIDARIA. ORGANIZA PALLASOS EN REBELDÍA Salón García. Entrada solidaria 5€. No último ano Europa blindouse fronte a milleiros de persoas que chegaron buscando refuxio, fuxindo da guerra. Da desoladora experiencia dos campos de Idomeni, na fronteira heleno-macedonia, ou Calais, en Francia, Pallasos en Rebeldía trouxo máis ganas aínda de loitar por un mundo onde caiban todos os mundos, e por seguir derrubando co riso, a alegría e a humanidade muros de inxustiza. No marco do Festiclown 2016, Pallasos en Rebeldía organiza unha gala solidaria que contará con artistas e compañías de renome nacional e internacional no ámbito do clown e o circo. O recadado na gala será destinado aos proxectos de Pallasos en Rebeldía./ 

Domingo 14 agosto

  • 10h PABLO MUÑOZ: INTRODUCIÓN Á MAXIA CÓMICA Formaclown/ 
  • 11h NATALIA OUTEIRO “PAJARITO” “TEN XÉNERO O CLOWN?” Auditorio Municipal (Apartado social). A pallasa achegará un debate sobre o xénero no mundo do clown, e as posibilidades empoderadoras do mesmo./  
  • 12h TRÍO REFUGALLO: RÍTMO REFULLAGO (Desclowntrol nas rúas). A animación toma as rúas da vila cunha nova proposta da man de membros de Odaiko e A Magnifique Bande dos Homes sen Medo que mestura clown, música sobre instrumentos feitos a partir de materiais de refugallo, participación e interacción co público. Un novo concepto de pasarrúas que espalla risa e ritmo./ 
  • 13h GHAZAFELHOS: AS MIL E UNHA NOITES Praza do Castro (Superroquiños) 
  • 20h GHAZAFELHOS: AS MIL E UNHA NOITES Rey Daviña (Certame Intergaláctico ) Desde o afastado Oriente veñen contar a historia de Sherezade e de como o seu enxeño a salvou dun dos sultáns máis desapiadados de toda Persia: As mil e unha Noites!!!/ 
  • 21h30 PEPE VIYUELA: ENCERRONA en Salón García/ (Mostra Internacional). Entrada solidaria 5€/ O pallaso presenta este seu clásico, onde con só unha esqueira, unha guitarra e unha cadeira, e toda a inocencia dun clown que se ten que enfrontar ao público, fará as delicias do respectable./ 

Lunes 15 agosto

  • 10h VANESSA RIVAS: ZANCOS, ANIMACIÓN E MOVEMENTO (Formaclown)/ 
  • 13h FUMAN: MUSICOLOCO Rúa Castelao (Superroquiños)/  
  • 20h FUMAN: MUSICOLOCO Rey Daviña (Certame Intergaláctico) O artista do momento! Despois de “petalo” nas redes sociais co vídeo deste número, combinación impecable de música e malabares, chega ás rúas vilagarciás./ 

Martes 16 agosto

  • 12h FESTICLOWN NA FESTA DA AUGA (Desclowntrol nas rúas) Temos unha sorpresa para celebrar con toda Vilagarcía o 16 de agosto, Día de San Roque! Festiclown ha tomar as rúas ao berro de “Auga!”/ 
  • 21h30 LEO BASSI: THE BEST OF Salón García (Mostra Internacional). Entrada solidaria 5€/ O mítico bufón italiano ofrece neste espectáculo unha compilación dos seus maiores éxitos, os mellores clásicos dun artista do humor crítico, descendente dunha estirpe de pallas@s.

Miércoles 17 agosto

  • 10h LEO BASSI: EN BUSCA DA TÚA IDENTIDADE CÓMICA (Formaclown)/ 
  • 11h PALLASOS EN REBELDÍA: PROXECCIÓN E PALESTRA Auditorio Municipal (Apartado social)/ 
  • 13h JAVI JAVICHY: VELÓ COMO EL RAYO Parque da Xunqueira (Superroquiños)
  • 20h JAVI JAVICHY: VELÓ COMO EL RAYO Rey Daviña (Certame Intergaláctico) Malabares, diábolos, mazas ou pelotas son o fío condutor da historia do primeiro día de traballo dun malabarista, que xoga coas reaccións do público e busca o risco sobre os cilindros.
  • 21h30 KANBAHIOTA: LA COQUETTE Praza de Galicia (Mostra Internacional) Rosina Castelli e Abrahám Pavón achegan unha nova proposta de acrobacias aéreas con impresionantes rutinas de trapecio e aro, sen esquecer o humor e o clown: nesta historia, os protagonistas son unha diva e un pallaso.

FESTICLOWN

O Festival Internacional Festiclown desembarca en Vilagarcía do 11 ao 17 de Agosto. Cinco días de actuacións, pasarrúas, galas, e dous cursos de formación de clown e de improvisación.

Ver Formaclown http://goo.gl/f0kTOf

Un dos apartados máis importantes do Festiclown dende a súa fundación hai quince anos é o dedicado á formación. En Vilagarcía  serán Ale Risorio (Arxentina) e Fran Rei (Galicia) os encargados desta área.

O Festival Internacional de Clown de Galicia - Festiclown volve un ano máis a Vilagarcía, despois de chegar a América Latina e Oriente Medio, e de levar máis de 100 artistas de diferentes países a Palestina, Brasil, Colombia… . O Apartado Social, o achegamento ás parroquias e a formación complementan os espectáculos nas rúas e nos teatros. O circo e o clown toman as rúas e prazas de novo, para achegarlle a cultura a toda a cidadanía.

Certame Intergaláctico 

O Certame Intergaláctico é o concurso oficial de Festiclown. Unha escolma de grandes compañías internacionais, estatais e galegas competirán por gañar este certame no que o público decide o gañador co seu voto.

Superroquiños 

Superroquiños é a parte do Festiclown dedicada aos pequech@s da casa. As compañías presentes no Certame farán un pase especial en horario de mañá.

Desclowntrol 

A animación toma as rúas da vila con Trío Refugallo, unha nova proposta da man de membros de Odaiko e A Magnifique Bande dos Homes sen Medo que mestura clown, música sobre instrumentos
feitos a partir de materiais de refugallo, participación e interacción co público. Un novo concepto de pasarrúas que espalla risa e ritmo.  

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget