Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

📣 NAVEGA GRATIS EN GALEÓN 23jul-11sep'16


Inscripción hasta 21 julio. Rutas desde el 23 julio al 11 septiembre 2016. Gratis 

NAVEGA EN GALEÓN 

Concello e Rompetimóns invitan a navegar en galeón as fins de semana de xullo, agosto e setembro
O Concello de Vilagarcía e a asociación Rompetimóns volven a colaborar para poñer en marcha unha nova edición das travesías en galeón pola contorna da illa de Cortegada. Este verán organizaranse 18 travesías, todas elas en fins de semana dos meses de xullo, agosto e setembro, das que poderán gozar un total de 162 persoas. A actividade é de balde e o prazo de inscrición vai do 14 ao 20 de xullo.
13.07.2016.- O programa das rutas en galeón son unha alternativa turística e de ocio que permite ao participante participar na experiencia de navegar a vela nunha embarcación tradicional galega, gozar da paisaxe da Ría de Arousa e coñecer a riqueza natural e patrimonial da illa de Cortegada, integrada no Parque Nacional marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.

As travesías en galeón son xa un atractivo fixo na axenda turística estival de Vilagarcía e contan cunha gran acollida por parte do público. A actividade enmárcase no programa de educación medioambiental e etnográfica organizada polas Concellería de Medio Ambiente e Turismo. As rutas en galeón son froito da colaboración que manteñen dende hai anos o Concello de Vilagarcía e a asociación Rompetimóns e que comezou coa concesión dunha subvención por parte da administración local para que o colectivo puidese recuperar esta embarcación tradicional.

As datas nas que se realizarán as travesías este ano son os sábados 23 e 30 de xullo e 13 e 20 de agosto, ademais dos sábados e domingos do 3 e 4 e 10 e 11 de de setembro. Debido ao aforo do galeón Cortegada, só poden embarcar 9 pasaxeiros por travesía.

Os interesados en participar nas rutas deben solicitar praza mediante escrito presentado no rexistro do Concello ou a través do mail alcaldia@vilagarcia.es . O prazo para realizar do trámite é do 14 ao 20 de xullo ás 14:00 horas. A adxudicación das prazas realizarase mediante o sorteo informático que terá lugar o día 21 de xullo e avisarase telefonicamente aos beneficiarios. 

Tanto o formulario de inscrición como as bases polas que se rexe a adxudicación das prazas das visitas en galeón están dispoñibles no taboleiro de anuncios da web municipal. http://www.vilagarcia.es/fotos/Bases%20galeon.pdf

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget