Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

👪 OBRADOIRO COCIÑA INFANTIL 3ago-4sep'16

Obradoiros infantiles en los Centros Culturales de Cornazo, Trabanca Badiña, Bamio, Trabanca Sardiñeira e San Roque. Inscripción libre hasta el 11 julio. Se desarrollan desde el 26 julio al 5 septiembre 2016/

OBRADOIROS EU TAMEN SEI COCIÑAR 

CINCUENTA NENOS E NENAS PODERÁN PARTICIPAR ESTE ANO NO OBRADOIRO DE COCIÑA E TAREFAS DO FOGAR ORGANIZADO POR IGUALDADE 

Impartirase nos centros socio culturais das parroquias que dispoñen de cociña, entre o 26 de xullo e o 5 de setembro

A participación é de balde e poden inscribirse rapaces nados entre os anos 2007 e 2010. O prazo para anotarse ábrese o luns 27

A Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía pon en marcha un ano máis o Obradoiro infantil de cociña e tarefas do fogar "Eu tamén sei cociñar". Cincuenta nenos e nenas nados entre os anos 2007 e 2010 (ambos incluídos) poderán participar na actividade que se desenvolverá nos centros socio culturais de Cornazo, Trabanca Badiña, Bamio, Trabanca Sardiñeira e San Roque. A participación é de balde e o prazo de inscrición ábrese o luns, 27 de xuño e remata o 11 de xullo.

O Obradoiro "Eu tamén sei cociñar" é unha actividade que a Área de Igualdade ven realizando durante nos últimos anos na época estival con tres obxectivos: promover a igualdade entre xéneros e a corresponsabilidade no fogar, romper esterotipos e tamén contribuír á conciliación da vida laboral, persoal e familiar. A Deputación Provincial subvenciona a actividade que se enmarca no III Plan de Igualdade do Concello de Vilagarcía.

A actividade impartirase un día á semana en cada un dos centros culturais dende o 26 de xullo ata o 5 de setembro. Deste xeito, os luns será no centro cultural de Bamio, os martes no de Cornazo, os mércores en Trabanca Sardiñeira, os xoves en Trabanca Badiña e os venres no Centro Cultural de San Roque. O horario será de 09,30h a 13,30h, aínda que para favorecer a conciliación das familias, poderase flexibilizar a entrada en media hora ata as 10,00h e a saída pode ser dende as 13,00h.

O prazo de inscripción será do 27 de xuño ao 11 de xullo nas dependencias da Área de Igualdade, onde se poderá recoller a folla de solicitude e consultar as bases de participación. Toda esta información estará exposta tamén na páxina web do Concello. No caso de que haxa más solicitudes, realizarase un sorteo o 15 de xullo, ás 12,00h.

O obxectivo desta actividade é revalorizar entre os nenos e nenas a importancia dos saberes que tradicionalmente lles foron asignados só ás mulleres, para romper cos estereotipos sexistas no entorno da infancia e potenciar unha autonomía persoal que favoreza a corresponsabilidade dentro do fogar.

Incripciones:

Trabanca Badiña:
 http://www.vilagarcia.es/fotos/FICHA%20INSCRICI%C3%93N%20TRABANCA%20BADI%C3%91A(1).pdf
Bamio:
 http://www.vilagarcia.es/fotos/FICHA%20DE%20INSCRICI%C3%93N%20CURSO%20BAMIO.pdf
Trabanca Sadiñeira:
 http://www.vilagarcia.es/fotos/FICHA%20INS%20TRABANCA%20SARDI%C3%91EIRA.pdf
San Roque:
 http://www.vilagarcia.es/fotos/FICHA%20DE%20INSCRICI%C3%93N%20CURSO%20SAN%20ROQUE.pdf
Cornazo:
 http://www.vilagarcia.es/fotos/FICHA%20DE%20INSCRICI%C3%93N%20CURSO%20CORNAZO.pdf


Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget