💡 12h DEPOEMPRENDE 23ago'16


En Cámara de Comercio, martes 12:00h 

DEPOEMPRENDE

  • 23 de agosto, ás 12 h, na Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa
O programa DepoEmprende para o fomento do emprendemento xuvenil na provincia de Pontevedra ten por finalidade incorporar ao mercado laboral 120 mozos e mozas menores de 30 anos non ocupados laboralmente nin integrados no sistema formativo. Outros 140 mozos e mozas formarán parte da lista de agarda. Este programa foi aprobado pola Fundación Incyde e está cofinanciado en máis dun 90 % polo Fondo Social Europeo.

No programa DepoEmprende participan axentes coma cámaras de comercio, axentes de emprego e desenvolvemento local dos concellos, confederacións de empresarias e empresarios, universidades, asociacións de novos empresarios e o IGAPE, que se encargarán de transmitirlles a información aos posibles destinatarios e destinatarias do programa.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget