🎭 A FILLA DE WOODY ALLEN 21h 17sep'16

teatro en Auditorio, sábado 21:00h 

A FILLA DE WOODY ALLEN 

"Na vida, o oitenta por cento é presentarse" Woody Allen

Entra en escena unha personaxe cunha gran maleta na man. Ao pouco, o público descobre que é a todas luces igual que Woody Allen, que se comporta coma el, que ten as mesmas teimas. Pero ela ignora o parecido. Está perdida, ignorante do evidente, na procura dunha identidade que todos coñecemos.

Sinopse do espectáculo
O punto de partida de A FILLA DE WOODY ALLEN é o inicio dunha viaxe, unha viaxe da protagonista na procura de seu pai, do cal só sabe que vive en Nova Iork, que toca o clarinete e que lle manda un agasallo cada ano polo seu aniversario. Estes agasallos son tesouros para ela e constitúen un crebacabezas co que foi construíndo un mito que a acompaña no seu desenvolvemento vital. Atoparse con ese mito revélase como a vía para acadar a felicidade, pero tamén supón unha fuxida dunha vida cotiá insatisfactoria. Ela loita. É incansable. É vitalista. E pon todas as súas esperanzas nese ser descoñecido. A viaxe a Nova Iork é a viaxe a un mundo ideal; é a procura de algo por definir, unha interrogante vital que non sabe se será respondida.

Equipo artístico

Creación colectiva de:
Santiago Cortegoso (director e encargado da ordenación do territorio textual)
Carmela Bueno (coreógrafa e encargada da ordenación do territorio xestual)
Marián Bañobre (actriz, deseñadora de vestiario e encargada da desordenación do territorio textual e xestual)

Colaboradores:
Diego Seixo (ordenación do territorio gráfico e fotográfico)
Anxo Graña (ordenación do territorio musical)
Salvador del Río (ordenación do territorio lumínico)
Raquel Martínez Olariaga (ordenación do territorio textil)


Publicar un comentario

[facebook]

MKRdezign

{facebook#https://www.facebook.com/alcaine} {twitter#https://twitter.com/guiadearousa} {google-plus#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {pinterest#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {youtube#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {instagram#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL}

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget