📣 INSCRIPCIÓN FUNDACIÓN DEPORTES 12sep-04oct'16

en Fexdega. Prezo carnet desde 45€, familiar 60€ 

CARNET FUNDACIÓN DEPORTES: OFERTA DEPORTIVA

Xa se pode solicitar o carné da Fundación ou a renovación do mesmo 

O prazo de inscrición nas actividades será do día 12 de setembro ao 4 de outubro 

A Fundación Municipal de Deportes amplía este ano as súas actividades para a temporada de inverno coa incorporación do Circuitraining na oferta para adultos e das Acrobacias para Artes Marciais nas especialidades destinadas ao público infantil. Con estas novidades trátase de responder á demanda dos usuarios e adaptar as actividades ás novas prácticas e técnicas deportivas. O prazo para inscribirse nas actividades, tanto infantís como de adultos, ábrese o 12 de setembro. O que si se pode tramitar xa é o carné de socio da Fundación.

Especialidades deportivas para maiores de 16 anos: 

  • ximnasia de mantemento 
  • ximnasia acuática 
  • ximnasia funcional 
  • bádminton 
  • aerobic 
  • tai chi 
  • ioga 
  • pilates 
  • Circuitraining: Esta actividade mestura diferentes exercizos de ximnasia de mantemento e fitness que se realizan seguidos e a modo de circuíto. Trátase dunha actividade de maior intensidade que a de ximnasia de mantemento, polo que está máis orientada a persoas xóvenes ou acostumadas a un nivel máis esixente de actividade física.

Especialidades deportivas infantís:

  • Psicomotricidade (nados nos anos 2011 e 2012) 
  • Escola Multideportiva (nados entre 2008 e 2010) 

Escola Deportiva de Base (nados entre os anos 2001 e 2007):

  • Acrobacias para Artes Marciais 
  • Fútbol 
  • baloncesto 
  • zumba 
  • xadrez 
  • patinaxe 
  • tenis 
  • esgrima 
  • tenis de mesa 
  • rugby 
  • voley boll 
  • artes marciais  
  • atletismo 
Polo de agora, os interesados xa poden acudir ás dependencias da Fundación, sitas en Fexdega, para solicitar o carné de socio ou a renovación do anterior. O carné xenérico individual ten un custe de 45 euros e o familiar 60, e serve para realizar as actividades durante todo o ano. Tamén hai cotas bonificadas para xóvenes e persoas maiores, e descontos segundo se recolle nas follas de solicitude que se poden premer dende o taboleiros de anuncios da web municipal ou recoller na mesma sede da Fundación.

Se non se quere obter o carné, a partir do 12 de setembro, os adultos poderán anotarse nas actividades cada trimestre por 18 euros. A inscrición dos nenos e por curso e o custe total é de 12 euros.


Publicar un comentario

[facebook]

MKRdezign

{facebook#https://www.facebook.com/alcaine} {twitter#https://twitter.com/guiadearousa} {google-plus#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {pinterest#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {youtube#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {instagram#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL}

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget