💡 CAMPAÑA AHORRA RECIBO LUZ 7dic'16

18h30 charla en Vilagarcía, Auditorio. Entrada libre. Miércoles 7 diciembre 2016. Organiza:Xunta 

DÁLLE LUZ A TÚA FACTURA 

En la sala de conferencias del Auditorio
La campaña Dálle luz á túa factura llegará a Vilagarcía para informar sobre cómo ahorrar en el recibo eléctrico
Un dos principais gastos dentro da economía doméstica é o destinado ao pago da factura eléctrica. Consciente da importancia que a factura eléctrica ten para o conxunto das persoas consumidoras e usuarias, a Escola Galega de Consumo (EGC) conta co programa Dálle luz á túa factura.
Tipo de actividade
O programa Dálle luz á túa factura pretende facilitar os coñecementos básicos necesarios para comprender a factura eléctrica, para adoitar medidas de aforro no gasto eléctrico e para realizar unha reclamación nos distintos supostos que se poidan presentar en relación á contratación dos servizos prestados polas compañías eléctricas.
Contidos
Mercado regulado/mercado libre
Comercializadoras de referencia
Conceptos básicos: potencia eléctrica, ICP, CUPS, etc
Tipos de tarifas
Tipos de contadores
Medidas de aforro

Localización
As actividades realízanse preferentemente nas instalacións da EGC, que conta con aulas especificamente equipadas para o seu desenvolvemento.
As solicitudes para a realización das actividades deste programa noutra localización distinta, é dicir, no lugar elixido polo usuario, deben ser aprobadas pola dirección da EGC.
Modalidade
Charla participativa: os distintos contidos trabállanse a través dunha explicación oral, apoiada cunha presentación audiovisual e empregando un discurso aberto, de xeito que se facilite a participación do alumnado.
Organización
A duración estimada das actividades é de 60 minutos.
O horario de realización das actividades é de luns a venres, de 8:00 a 18:00 horas.
As actividades poden adaptar a súa duración e os seus contidos ás necesidades educativas especiais ou ás demandas específicas de cada colectivo, o que se debe sinalar de xeito específico no formulario de inscrición.
Participación
Cumprimentar o formulario de inscrición.
A continuación, a EGC confirmará a reserva da actividade solicitada, sinalando as datas e os horarios para cada actividade.

Publicar un comentario

[facebook]

MKRdezign

{facebook#https://www.facebook.com/alcaine} {twitter#https://twitter.com/guiadearousa} {google-plus#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {pinterest#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {youtube#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {instagram#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL}

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget