Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

🎇 FESTIVALA 26nov'16

festival en Fexdega, sábado 26 noviembre 2016, 12:00h-23:39h. Entrada de balde. Organiza:OSoñoDeLilith 

#Festivala. Mulleres Creando  

“Se non podo bailar, a túa revolución non me interesa”. Emma Goldman

Despois de moito traballo e contratempos por fin podemos presentarvos o noso #Festivala, un festival organizado e protagonizado por mulleres.

Apertura de portas 12:00h

Mais info: facebook OsonhodeLilith

Xa temos os horarios das actividades, ide apuntando para non perdervos nada, recordade que si estades interesadxs podedes reservar praza para os obradoiros: 

Programa 

  • 12h Apertura de portas. Feira 
  • 12h30-13h30 Presentación: No es país para coños. Diana López. Microteatro: @NO es país para coños. // Obradoiro infantil: Arte contra as violencias machistas 
  • 13h45-14h45 Sesión vermú: As Punkiereteiras 
  • 16h-17h Obradorios: Empoderamento das mulleres. PsiqueCoach //// Obradoiro adolescentes: desmontando o amor romátinco. Aso Nosmesmas 
  • 17h-18h Presentación: A violencia dun sonrriso. Recital poético. Implicadas/os no Desenvolvemento //// Obradoiro infantil: Arte contra as violencias machistas 
  • 18h-19h Presentación do proxecto e proxección. Mulleres Galegas Kañeras 

Concertos 

  • 19h-20h Noise 
  • 20h-21h TREME 
  • 21h-22h Mounqup 
  • 22h-23h BALA 
Porque queremos denunciar a fenda de xénero nos festivais de música, na arte, no deseño, na literatura, nos medios de comunicación.

Porque queremos denunciar a invisibilización das mulleres, unha violencia que nos deixa sen referentes.

Porque queremos loitar a prol a igualdade real, visibilizar o invisibilizado e, tamén queremos bailar!

Temos un feixe de actividades preparadas, concertos, teatro, recitais, obradoiros, feira... Achegádevos!

Avante Festivala!

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget