Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

18h 👪 O encoro enmeigado 12feb'17

18h Cambados, Auditorio da Xuventude. Domingo 12 de Febreiro de 2017 

O encoro enmeigado 

O Domingo 12 de febreiro no Auditorio de Cambados Os Monicreques de Kukas presenta a obra O Encoro enmeigado (nas fragas do Eume) dirixida a todos os públicos .... Non vola perdades !!!!

Os Monicreques de Kukas - O ENCORO ENMEIGADO ( NAS FRAGAS DO EUME)

Elenco artístico: Marcelino de Santiago, MIguel Cabaleiro, Isabel Rey

Texto promocional: O espectáculo O Encoro enmeigado (nas fragas do eume) ten a intención de espertar entre os espectadores, sobre todo os máis novos, o respecto polo medio ambiente, a valoración da Natureza, e o compromiso co coidado do noso entorno e a fauna que vive nel e dunha maneira moi especial coa conservación dos nosos ríos e bosques. E ó mesmo tempo recuperar e por en valor aos personaxes míticos da nosa cultura popular que van a servirnos a nivel narrativo de enlace entre o mundo dos humanos e o dos animais e as plantas.

Os personaxes son interpretados por marionetasdun tamaño duns 50 cm., tipo marote, para ser manipuladas sobre mesa por tres actores á vista, pero discretamente ocultos grazas a iluminación centrada sobre todo no espazo escénico á escala.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget