Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

📆 Pascua Xoven Arousa 21-23abr'17

en Vilagarcía. Del 21 al 23 abril 2017 

XLIV Pascua Xoven Arousa 

Tema: As redes sociais
Slogan: E ti de quen vés sendo?.

Este ano cumplimos 44 anos.
… ENCONTRO de xóves cristiáns. o redor de 200 mozos e mozas.
… CONVIVENCIA con xoves cristiáns.
… REFLEXIÓN Estudiala nosa realidade e buscar solucións.
… ORACION E CELEBRACIÓN DA NOSA FE.

ORGANIZACIÓN E TRABALLO PREVIO A XUNTANZA EN VILAGARCÍA:

Dende o pasado mes de setembro cada último sábado de mes xúntase o SECRETARIADO nos locais parroquiais da Xunqueira.
Está formado polos representantes de cada grupo de orixe que queren participar na debandita PASCUA. Os grupos veñen dende A Coruña, Santiago, Ourense, Noia, Pontevedra, O Morrazo, O Barbanza, a nosa Arousa…e este ano tamén de Portugal.

O longo do tempo, nesas reunións escóllese o tema, diséñase o cartel anunciador e prepárase o material de traballo previo á gran convivencia festiva.

Ata xaneiro os grupos teñen prazo para inscribirse e estudiar a primeira das Fases de traballo da Pascua; este ano traballouse o tema das redes sociais na nosa vida xuvenil, que nos move? E qué nos desmotiva?

A partir de febreiro os grupos traballan a segunda Fase; este ano fixemos un estudio da mensaxe de Xesús e o seu impacto nas redes sociais e as posibilidades que elas teñen para conectar cos valores ben actuáis do Cristianismo. Amor, Compartir, loita contra a pobreza, as inxusticias, soliedariedade, acollida os inmigrantes, etc

OS DIAS DA PASCUA EN VILAGARCÍA

VENRES 
Acollida dos grupos e instalación de tendas a partires da 7 h do serán.
Actividades varias e dinámicas para favorecer o encontro entre os distintos grupos.
Merenda-cea (hai un servicio de bar, levado por mulleres da parroquia).
Pregón Pascual que expón a síntese de traballo de este ano. E introdúcenos na gran festa de estos tres días.
Remátase de madrugada cunha oración de BOAS NOITES.

SÁBADO 
tras o aseo persoal e desaiuno, cantos, oración dos BOS DÍAS e traballo por GRUPOS. De xeito dinámico favorécese o intercambio de ideas e opinións con mozos e mozas dos outros grupos profundizando nas devanditas primeira e segunda fase.
Tras a comida compartida e as primeiras horas da tarde hai uns TALLERES-FALADOIROS impartidos por xóvenes que teñen moito que contar:

1. Que fai un cristian nas redes sociais? Teñen cura? Si, por Ricardo Sanjurjo (Cura e teólogo)
2. O Proxecto Arroupa de cáritas: Reciclando, Reinserción e consumo xusto e digno, por Belén Rodríguez (psicóloga e técnica de inserción).
3. Acompañando a persoas diversas e con disminución auditiva por Mª Jesús Monterde (intérprete)
Cada mozo elixe o taller que queira, os talleres foron elexidos polos mesmos xóvenes.

Tralo descanso oportuno, moita música e preparación das celebracións da noite.
Merenda-cea.
Celebración penitencial do Perdón (estarán os sacerdotes da bisbarra) Camiño de Emaús, (utilizando o relato bíblico dos discípulos de Emaus, cada persoa elixe un compañeiro/a para ir xuntos falando ata a Xunqueira. Preténdese un diálogo profundo cunha persoa que non coñezas moito, para comunicarse experiencias vividas na pascua e plantexamentos persoais a favor da Gratitude e a ledicia de vivir.
Celebración da Eucaristía nun ambente moi festivo na Igrexa da Xunqueira. Moi participada e musical, onde a batería, as guitarras eléctricas e acústicas, xunto coas letras de hoxe, fan sentirnos que nós tamén somos Igrexa.
Volta festiva ó recinto Filipense.

DOMINGO 
Tralo habitual do día anterior, cada persoa volve o seu grupo de orixe para revisa-la Pascua e adquirir compromisos concretos durante todo o tempo que queda ata a vindeira Pascua do 2018.
Facemos un MANIFIESTO PÚBLICO, que a Asamblea aproba. Este ano, que menos, o publicaremos nas redes sociais.


Para máis información poñerse en contacto coa Parroquia A Nosa Sra. Da Xunqueira de Vilagarcía Tfno. 986502296 ou 629814976 ou na nosa páxina web: axunqueira.com , e nas redes sociais de Facebook o Twiter.

BOA PASCUA
O Párroco

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget