💡 SmartPeme co sector vitivinícola 04abr'17


14h30 en Exposalnés, Cambados. Martes 4 de Abril 2017 

SmartPeme co sector vitivinícola 


💡 SmartPeme organizará dúas mesas redondas. 16h30En Centro Exposalnés (Paseo da calzada, s/n). Con motivo do nomeamento de Cambados como Cidade Europea do Viño, SmartPeme organiza dúas mesas redondas. As adegas interesadas poderán ver de primeira man algunhas das mellores formas de aproveitar os avances tecnolóxicos para mellorar a produtividade e incrementar as vendas do sector vitivinícola.

O evento terá lugar no Centro Exposalnés (Paseo da calzada, s/n), durante a tarde do 4 de abril, ás 16:30, cunha presentación da xornada, e a súa finalización está planificada para as 20:30. Para comodidade dos asistentes, haberá un pequeno descanso na metade da xornada.

Durante a mesma, contarase coa presenza do Deputado de Promoción e Innovación Económica, Francisco Javier Divos Pomares e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal Roma.

A primeira mesa redonda centrarase no aproveitamento das novas tecnoloxías para aumentar a eficiencia na xestión dos viñedos e das propias adegas, mentres que na segunda analizarase o posterior proceso de comercialización e como apoiarse nas novas tecnoloxías para ampliar mercado.

Os interesados poden inscribirse a través deste formulario, ou chamando ao 886 20 20 20.

Orde do día:  
  • 16:30 – Benvida ás bodegas
  • 17:00 – Mesa redonda. A transformación dixital do sector do viño 
                Librebit: Especialistas en proxectos de implementación de solucións con software libre, e                     responsables da súa implementación en Paco & Lola.

                Monet Viticultores: Creadores da ferramenta tecnolóxica Monet Viticultura, para a                               monitoraxe do estado das vides.

                Seresco: Compañía de servizos informáticos detrás da plataforma Cultiva Decisiones, para                   optimizar os procesos de fertilización recolección, control de pragas…
  • 18:30 – Descanso
  • 19:00 – Mesa redonda. As novas tendencias na comercialización online do vino
               Acuarel: Empresa con experiencia na creación de aplicacións de comercio electrónico e                        xestión de stocks, e detrás da creación das webs de comercio electrónico de varias adegas.

              Hacce: Empresa especialista en deseño e web, con especial foco no desenvolvemento                           multidispositivo.

              José Luis Taboada: Asesor TIC SmartPeme do centro de Cambados, especialista en sistemas               informáticos.

  • 20:30 – Peche oficial das xornadas

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget