Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

🏃 Festa e Gala do Deporte Vilagarcía 26may'17

17h Parque Miguel Hernandez y 21h gala en Salón García, Vilagarcía. Entrada libre. viernes 26 mayo 2017 

Festa e Gala do Deporte Vilagarcía 

As actividades lúdico deportivas repartiranse entre as distintas zonas do Parque Miguel Hernández e a Praza da II República entre as cinco e as oito da tarde. Os monitores da Fundación dirixirán as sesións nas que poderán participar tanto nenos como adultos. Haberá actividades relacionadas coas disciplinas que se imparten nas escolas deportivas para nenos e nenas e tamén da oferta para adultos: rugby, zumba, taekwondo, xadrez, esgrima e xogos populares e de habilidade.

Trátase dunha xornada festiva no que a diversión practicando actividade física está garantida e que pretende animar a todo o mundo algún tipo de deporte como hábito saudable que é. Pero a festa taén serve de recoñecemento ao deporte de competición e a todos os colectivos e entidades que favorecen a súa práctica. Por iso, no acto da note farase entrega do premio ao Mellor Deportista do Ano e se entregarán varias mencións especiais.
Ao acto foron invitados todos os clubs e entidades deportivas da cidade.

Gala do Deporte

As mencións especiais serán entregadas no transcurso da Gala do deporte a celebrar o venres, 26 de maio no Salón García. Nese acto tamén se fará público o nome do Mellor Deportista do Ano. Previamente, e durante toda a tarde, a Fundación de Deportes celebrará a Festa do Deporte con actividades abertas a todo o público no Parque Miguel Hernández.

Candidatos ao melos deportista local 

Pedro Muñoz (Kenpo): Campión de España en Combate e Campión Galego en diferentes especialidades.

Julio Suárez (xadrez): Campión de España xuvenil, Campión de España en Xadrez Rápido, Campión de España por equipos na categoría sub 18 e primeiro Taboleiro no Club Xadrez Fontecarmoa na División de Honra.

Jordi Aragonés (preparador físico): Medalla de Prata nos Xogos Olímpicos de Río como preparador físico da selección española de baloncesto feminino.

Jesica Bouzas (tenis): Campiona Galega Infantíl en individuais, Subcampiona Galega en cadete e júnior na modalidade de dobres, Campiona de España en dobres e compoñente da selección española no campionato de Europa sub 14 de Turquía.

Gustavo César Veloso (ciclismo): Segundo na Volta a Portugal e gañador de tres etapas nesta mesma proba.

Mencions especiais 

Directivo: Tuco Renda. Pola súa dedicación como directivo do Club de Fútbol San Martín durante máis de 25 anos, etapa á que puxo fin o ano pasado.

Adestrador: Alberto Blanco. Pola súa participación no Campionato Europeo co equipo Liatuno Lietuvos Rytas e obtención do título da Copa da liga lituana.

Traxectoria deportiva: José Luis Queiruga. Ex presidente do Club Polideportivo de Educación Especial e polo seu constante apoio e defensa do deporte adaptado e aos deportistas con discapacidade.

Colaboración co deporte: Ramiro Carregal. Polos seu apoio a clubs e a Fundación de Deportes e polos patrocinios á celebración de diversos eventos deportivos no municipio.

Medios Comunicación: Diego Alcaine. Pola labor de comunicación e difusión do deporte en xeral do noso Concello a través da canle Arousa TV.

Evento deportivo: Marathón Urbano Special Olimpcs, por promover e facilitar a integración e inclusión das persoas a través da práctica do deporte.

Deporte Base: Equipo Promesa Club Remo Vilaxoán de Bateis. Polo título do Campionato Galego e proclamarse Subcampión de España.

As mencións especiais serán entregadas no transcurso da Gala do deporte a celebrar o venres, 26 de maio no Salón García. Nese acto tamén se fará público o nome do Mellor Deportista do Ano. Previamente, e durante toda a tarde, a Fundación de Deportes celebrará a Festa do Deporte con actividades abertas a todo o público no Parque Miguel Hernández.

NdP: "TODOS SOMOS CAPACES" É O LEMA DA FESTA DO DEPORTE LOCAL QUE SE CELEBRA MAÑÁ

A celebración converte o Parque Miguel Hernández no epicentro do deporte para todos

Haberá sesións de esgrima, zumba, xadrez, rugby taekwondo, xogos populares e de habilidade abetos a públicos de todas as idades

A Festa rematará coa entrega do Premio ao Mellor Deportista do Ano na cerimonia a celebrar no Salón García a partir das 21:00 horas

Os finalistas a recibir o galardón son Pedro Muñoz, Jesica Bouzas, Julio Suárez, Jordi Aragonés, e Gustavo César Veloso

Vilagarcía celebra mañá a Festa do Deporte que este ano, co lema "Todos somos capaces", incide no aspecto integrador do deporte e en facer visible o deporte adaptado.Con motivo desta cita anual, a Fundación Municipal organiza unha xornada destinada a recoñecer o mérito dos deportistas locais e a continuar coa súa labor de promoción e fomento do deporte para todos e todas. Por esta razón, o parque Miguel Hernández será o epicentro das numerosas actividades lúdicas e deportivas a desenvolver durante toda a tarde e que estarán abertas á participación de todo o mundo, e a festa rematará coa cerimonia de entrega do Premio ao Mellor deportista do Ano, nun acto a celebrar a partir das 21:00 horas no Salón García. Os cinco finalistas a recibir o galardón son: Pedro Muñoz (Kenpo), Jesica Bouzas (tenis), Julio Suárez (xadrez), Jordi Aragonés (preparador físico) e Gustavo César Veloso (ciclismo).



Etiquetas:

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget