Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

📣 Concurso de Contos de Fantasía en Galego | -abr'18

en Vilagarcia. Participación libre. Hasta el 30 abril 2018  

E se a Terra Media fose Galicia?  

Concurso de Contos de Fantasía en Galego

bases: http://curtas.org/festival/contos/

Como o Curtas Fest 2018 estará adicado á Fantasía en xeral, e ao cautivador mundo creado por J.R.R. Tolkien para ‘O Señor dos Aneis’ e ‘O Hobbit' en particular, poñemos en marcha un concurso de contos de fantasía en galego que, ademáis de rendir homenaxe ao autor británico, trasladará a Galicia a súa mitoloxía e criaturas. Porque a Terra Media ben podería ser o noso máxico país.

O xurado, composto por Jorge del Oro, Xosé Duncan e Josué Ramos, elixirá 10 contos que se publicarán nun volumen que se presentará na 46 edición do Festival Internacional de Cine e Banda Deseñada de Vilagarcía de Arousa, CURTAS 2018.

Os contos deberán ser inéditos, escritos en galego, e ambientados en Galicia, valorandose a inclusión da Comarca do Salnés e de Vilagarcía de Arousa, así como a utilización da mitoloxía e as criaturas creadas por Tolkien. Presentaranse en formato .DOC por correo electrónico a contos@curtas.org. A extensión máxima será de 5.000 palabras e a mínima de 2.000 palabras, cun tamaño de letra 12, e sen interliñado especial. O prazo para presentar os contos rematará o 30 de Abril de 2018.

Os gañadores daránse a coñecer o 17 de maio de 2018.

Para máis información: http://curtas.org/festival/contos/

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget