Vilagarcía, con 35.000 habitantes y como núcleo más importante de la comarca, presenta una gran oferta comercial, la tercera de la provincia tras Vigo y Pontevedra. Comeza-la xornada comprando productos frescos na praza, dar unha volta buscando “gangas” no mercadiño, visitar comercios tradicionais ou tendas de grandes cadeas internacionais e termina-la xornada paseando por un centro comercial son algunhas das opcións que se presentan ó viaxeiro para comprar en Vilagarcía.

El mercado se celebra los martes y los sábados (si coincide en festivos pasa al día anterior). Se situa en las calles Alexandre Bóveda y plaza Martín Gómez Abal, Avenida da Mariña, Doutor Carús y O Castro. Tiene su origen en el siglo XVII.

No mercado de Vilagarcía poden encontrarse productos a prezos moi vantaxosos e para tódolos gustos. Os máis abundantes son os textiles e calzado, pero tamén hai menaxe do fogar, plantas e flores, artigos de mercería e decoración.

A praza de abastos abre de luns a sábado pola mañá; os venres pola tarde tamén abren as súas portas ó público algúns establecementos. As instalacións son modernas e moi amplas: dispón dunha parte central dedicada á venda de froitas e verduras cultivadas polas propias vendedoras; froiterías e carnicerías a ambos lados; postos de queixo, pan e ovos na parte superior; e unha magnífica praza de pescados e mariscos frescos da ría nun dos seus estremos.

Ademais da praza de Vilagarcía, que se atopa na rúa Alexandre Bóveda, existen outras dúas no Carril e Vilaxoán. A primeira está na Alameda e a segunda, no peirao.

A zona comercial da cidade abarca dende o Pazo de Vista Alegre ata a rotonda do Ramal, e comprende varias rúas e prazas peonais. A oferta é abundante e moi variada. No campo da moda, conta con comercios de gran tradición, tendas especializadas en determinados estilos (surfer, hippie, hip-hop, etc.) e franquías de marcas nacionais e internacionais. No ramo da alimentación, hai representación das principais cadeas de alimentación nacionais e internacionais, xunto a ultramarinos de atención personalizada e tendas de “delicatessen”. O visitante ten en Vilagarcía practicamente todo o que pode necesitar: droguerías, ferreterías, papelerías, bazares, ópticas, herboristerías, moblerías, florerías, etc, etc. Moitos destes pequenos comercios pertencen á asociación Zona Aberta, que nos últimos anos, e en estreita colaboración co Concello, propiciou unha importante renovación do comercio local e a realización de suxestivas campañas publicitarias. Zona Aberta ofrece vantaxosas condicións de compra ós clientes posuidores da tarxeta da entidade.

Así mesmo, Vilagarcía conta cun centro comercial emprazado nas inmediacións do parque da Xunqueira, que abre de luns a sábado, de 10 a 22 horas. Ademais dun hipermercado, no interior hai bares e cafeterías, xunto a unha representación de varios sectores comerciais: moda, fogar, regalo, coidado persoal, artigos para o ocio e o tempo libre, etc. Os clientes dispoñen de estacionamento subterráneo no propio edificio e facilidades de acceso para os discapacitados físicos.
 
Top