ANGELINA O EL HONOR DE UN BRIGADIER

Sábado 29 de noviembre de 2014, 19:00h teatro en Salón García

Entrada 4€ en taquilla y servinova, a beneficio de la Fundación Amigos de Galicia.

CLÁMIDE REPRESENTA UNHA COMEDIA DE JARDIEL PONCELA EN BENEFICIO DE AMIGOS DE GALICIA

A posta en escena corre da man dos integrantes do grupo xuvenil Alfa e terá lugar o sábado no Salón García

O grupo de teatro Clámide segue co seu ciclo de teatro solidario. O sábado a partir das 19 horas, o seu grupo xuvenil "Alfa" porá en escena o texto de Enrique Jardiel Poncela "Angelina o el honor de un brigadier". Esta representación farase en beneficio da Fundación Amigos de Galicia e as entradas véndense a 4 euros. Hai Fila 0 para as persoas que desexen colaborar coa causa aínda que non asistan á función. O custe desta colaboración é de 1 euro.

En ton de comedia, a obra xira en torno ás vicisitudes de Angelina, a moza á que Rodolfo está a piques de pedirlle a súa man, por expreso desexo do pai dela, o brigadier Don Marcial. Abafada pola situación, Angelina fuxe co seu namorado Germán. Tras ser descubertos por Don Marcial, este descobre, tras ferir en duelo a Germán, que este ten tamén unha relación coa nai de Angelina, Dona Marcela. Unha súbita aparición dos fantasmas dos pais de Marcial, confirmándolle que tamén eles foron no seu día infieis, lévao a outorgarlle o perdón á súa esposa.

As entradas pódense comprar de xeito anticipado a través da web www.servinova.com e do teléfono 902 504 500 e o día da función a partir das 17:00 horas na Casa da Cultura de Vilagarcía.
 
Top