LUCES DO MUNDO, ANXO RIAL (30ene-6mar)

Fotografía en Sala Briones


La muestra del periodista y fotógrafo vigués Anxo Rial, Luces do mundo, nos invita a viajar por diversos puntos del planeta a través de una obra que es fruto de la combinación de dos pasiones, la fotografía y el viaje, en la que triunfan sobre todo la luz y los grandes espacios.

AS "LUCES DO MUNDO" CHEGAN Á SALA RIVAS BRIONES COA EXPOSICIÓN DO FOTÓGRAFO ANXO RIAL

A mostra itinerante organizada pola Deputación poderase visitar en Vilagarcía ata o 6 de marzo

Rial colabora con publicacións como National Geographic ou Geo

A globalización inundará dende mañá a Sala de Exposicións Antón Rivas Briones coas imaxes máis fermosas de diferentes países do mundo. Será a través da mostra "Luces do Mundo", do fotógrafo vigués Anxo Rial, que chega da man da Deputación Provincial e que se poderá visitar en Vilagarcía ata o 6 de marzo. A exposición inaugúrase mañá, xoves, ás 20:00 horas.

A mostra "Luces do Mundo" que forma parte do programa de exposicións itinerantes do Museo de Pontevedra. A través desta colección de imaxes, o xornalista e fotógrafo vigués Anxo Rial invita ao espectador a viaxar por diversos puntos do planeta a través dunha obra que é froito da combinación de dúas paixóns: a fotografía e a viaxe. A nota común e característica das fermosas fotografías de Rial son a luz e os grandes espazos.

Anxo Rial é asiduo colaborador de numerosas publicacións de tirada nacional, como Viajes-National Geographic, Geo, Desnivel, Casanovafoto, Grandes espazos, Escalar, Turismo rural, Descubrir, Caminar, Paisajes desde el tren, Campo base ou El mundo de los Pirineos.
 
Top