A TEMPESTADE (21feb)

Sábado 21:00h, teatro en Auditorio de Vilagarcía

Próspero, duque de Milán, inmerso en sus estudios, es traicionado por su hermano Antonio, quien lo expulsa en un golpe de estado y lo abandona en el mar a su suerte junto a su pequeña hija Miranda.

La familia desembarca en una isla desierta donde vivirán entre monstruos y espíritus. Doce años después, el azar hace que los traidores naveguen cerca de la isla. 

La obra comienza precisamente aquí, cuando Próspero provoca una tempestad que arrastrará sus enemigos a la isla.

La magia de Próspero obliga a los personajes a una autorevelación.
"Qué levarías a unha illa deserta?
Un I-Pod, as obras completas de Shakespeare, un colchón inchable, sombrillas para cocktails
Despois dunha longa noite de inverno, a idea dun naufraxio na praia non semella tan terrible, así
que...Por que non pasalo ben? Din que os vellos aseméllanse aos nenos.

A Tempestade é a guinda máis extravagante na carreira dun xenio na súa senectude, a derradeira obra de Shakespeare e tamén a declaración de intencións dun autor inquedo que prefire enterrarse nas areas brancas dunha praia de fantasía, que nunha realidade que xa soubo definir como ninguén.
A illa de Próspero é a mesma que logo alugarían o Capitán Nemo ou O Doutor Moreau, pero os seus monstros, da man do autor, non poden evitar ter sangue nas veas. Shakespeare á incapaz de privar de emocións ás súas criaturas ainda que se trate de seres de fantasía que se explican a si mesmos nun marco irreal, alucinóxeno, mesmo en parte froito desa pipa de Hachix recentemente atopada entre as pertenzas do demiúrgo.

Voadora propón un billete de ida a esta illa, onde o diálogo de Shakespeare se respecta ao pé da letra, pero para ser recitado sobre un colchón inchable e encarnado a través dun casting extravagante.
A enerxía está intacta, pero o aroma é diferente; bailarins, músicos, performers... todos á deriva e na mesma nave dos tolos para celebrar a Shakespeare nunha experiencia sinestésica que encaixa como anel ao dedo no imaxinario da compañía.

Agora que sabemos que era verdade que estamos feitos da mesma materia que os soños, sopra o vento a favor para afondar nesta historia que é tamén o mellor biopic posible sobre o seu autor. Unha auténtica biografía non autorizada e un rockumental de entrevistas a monstros de cores sobre a banda que Shakespeare nunca tivo, pero que deixou a mellor discografía completa xamais publicada.

A Tempestade de Voadora bebe de todas as fontes posibles, o único teito posible é o ceo e a única prohibición é o aburrimento. Esta é a clave dunha obra onde hai lugar para a vinganza e tamén para a rectificación, porque rectificar é de sabios. Un brainstorming demencial onde choven refachos de amor e de rabiosa corrupción. 

Un naufraxio onde a única fuxida posible é a maxia.
450 anos máis tarde, seguimos nesta illa, asistindo á reunión desta banda cuxo frontman é un vello mago desaparecido que, ao igual que David Bowie, volve dende quensabeonde cun gran disco baixo o brazo.
S.O.S. Esperámosvos debuxando na area

Suscríbete a Arousa TV por correo

 
Top