PROXECIÓN DO DOCUMENTAL A VOLTA DOS NOVE (7feb)

Sábado 20:30h, documental en Salón García

Estimados amigos e amigas quedades todos convidados ao pase do documental A VOLTA DOS NOVE producido polo FAIADO e realizado por Antonio Caeiro.
Logo da súa exitosa estrea en Vigo e o pase por Pontevedra, Gondomar, Cuntis, Santiago e Teo chega a poboación onde se xestou a maior parte das esceas: Vilagarcía.
Conta coa participación de varios actores dos grupos de teatro vilagarcianos como nydia ou Clámide e músicos da zona como Juan Carlos Cambas ou Rosa Leiro na banda sonora.

Na noite do día 15 de outubro de 1936 nove homes republicanos son sacados da prisión habilitada no Frontón de Vigo. O seu asasinato esa mesma noite nunha volta do camiño cerca da vila de Baiona forma parte dunha vinganza polos feitos acontecidos dous días antes, e dá orixe ao topónimo e mais a lenda da Volta dos Nove, pois desde ese día e hasta ben rematada a ditadura, nesa mesma volta van aparecer debuxadas no chan, nove cruces en lembranza dos nove homes asasinados. Malia a persecución dos autores das marcas, que eran constantemente borradas, os sinais seguiron aparecendo un día tras doutro durante corenta e tantos anos.


Suscríbete a Arousa TV por correo


 
Top