ENTERRO DA SARDIÑA VILAXOÁN DE AROUSA 2015 (21feb)

Sábado 19:30h, entroido en Vilaxoán

A DONA SARDIÑA (VIÚVA DO BOCAREU)

FINOU EN VILAXOÁN, RECIBINDO A SANTA COMPAÑA O CONXURO E O PREBE DE ALLO

Os súas aflixidas filias: A Xouba e Parrocha. O seu irmán: O Trancho. Os seu fillos políticos: Don Camarón e Don Pivardo.

Familiares lonxanos e amigos: lorcha, Gato, Rincha, e moitos máis do mundo mariño que veñen a despedir a súa grande amiga.

Pregan unha lembranza para esta saborosa dona a que acompañen a súa incineración devolvendo as súas cinzas ao mar, que terá lugar o día 21 de febrero ás 19:30 horas.

CASA MORTUORIA: LONXA DE VILAXOÁN

"A NOSA.SARDIÑA FINOU, CON GRANDE DOR E TRISTURA, ÍMOSLLE DAR
SEPULTURA, MÁIS NON TARDARÁ O DÍA, NA QUE DE NOVO XURDA NA NOSA RÍA, AGORA DURME TRANQUILA. ALÁ PARA SAN XOÁN, ENTÓN SALTARÁ DE ALEGRÍA, E XA NOS MOLLARÁ NO PAN"

(lembrando aos nosos antergos, estará presente na nosa memoria a R.T.V. Solfato )

A COMITIVA FARÁ O SEGUINTE PERCORRIDO:
SAlDA DA LONXA ÁS 19:30 HORAS, PASEO RAMÓN PATIÑO, RÚA PREGUNTOIRO, EIRAS, VAZQUEZ LEIS, AVENIDA, DE VILANOVA, BENIGNO SANTOS, BOUZA DE ABAIXO, EIRADO, AVELINA NOGUEIRA, RAFAEL PAZOS (FINAL), EIRAS, RAMÓN PATIÑO E FRONTE AO CENTRO SOCIOCULTURAL A SARDIÑA SERÁ INCINERADA.

PRÉGASE
PARA ACOMPAÑAR Á FINADA, POÑAMOS AS NOSAS MELLORES PRENDAS. PÓDESE IR CON SÁBANAS BRANCAS. FAVORES POLOS QUE OS FAMILIARES LLES ANTICIPAN AS GRAZAS.

ORACIÓN
PAIS QUE ESTADES NO GOBERNO QUE NO PARADES DE ARRUINARNOS, PERDOA AS NOSAS DEBEDAS QUE AUMENTAN CADA DÍA, E NON NOS DEIXES CAIR NA TENTACIÓN DE IR A POR VOS, LIBRANOS DO MAL DOS BÁRCENAS E DO EMPREGO QUE FALTA NOS FAI. ¡AMÉN!



Suscríbete a Arousa TV por correo
 
Top