FESTIVAL DE COMPARSAS (15feb)

Domingo, en Auditorio de Vilagarcía

As comparsas actuarán o domingo 15 no Auditorio

As bases de ambos certames foron aprobadas hoxe pola Xunta Local de Goberno. Os prazos de inscrición ábrense o 3 de febreiro

O límite de participación no certame de comparsas fíxase en 10 grupo

Dende hai moitos anos, o Certame de Comparsas do entorno non ten carácter competitivo en Vilagarcía. A Concellería concede unha compensación económica de 300 euros a cada comparsa, establecendo como límite de inscrición, 10 agrupacións. A participación concretarase por orde de inscrición e terán preferencia as comparsas de Vilagarcía. Os requisitos que deben cumprir é contar con 25 integrantes como mínimo e ofrecer unha actuación de entre 10 e 15 minutos.

Bases
  1. Todas das comparsas que participen recibirán unha compensación económica de 300 euros
  2. As comparsas estarán formadas obrigatoriamente por un mínimo de 25 persoas
  3. As comparsas deberán actuar no Auditorio de Vilagarcía un tempo de entre 10 e 15 minutos.
  4. O prazo de inscrición estará aberto dende o día 3 de febreiro na Concellería de Cultura en horario de 9:00 hs. a 14:00 hs. ata completar o número de comparsas que será de 10, tendo preferencia as comparsas de Vilagarcía.Todas as comparsas farán entrega no momento da inscrición do listado de compoñentes (con Nome completo e D.N.I.), e das copias das letras das cantigas que interpretarán.A compensación económica fixada entregarase o remate de cada actuación.
  5. As comparsas deberán estar nas instalacións do Auditorio de Vilagarcía, no horario que determine a organización co fin de proceder a súa actuación e, os representantes deberán estar provistos dunha fotocopia do seu D.N.I.
  6. A participación no “Festival de Comparsas do Entroido Vilagarcía 2015” implica a aceptación destas bases

(12/02/2015) O CERTAME DE COMPARSAS DO DOMINGO CONTARÁ CON AGRUPACIÓNS DE CATRO MUNICIPIOS DA COMARCA

O Auditorio acolle o festival que comezará ás cinco da tarde

O aforo controlarase mediante tickets que se entregará ao público a medida que vaia chegando e que deberán devolver si abandonan a sala antes do remate para permitir entrar a máis xente


O Certame de Comparsas que se celebra o domingo en Vilagarcía contará con agrupacións de catro municipios do Salnés: Vilaxoán e Carril, Vilanova, O Grove e Noalla. O festival terá lugar no Auditorio a partir das cinco da tarde e a entrada é libre e de balde, aínda que para controlar o aforo entregaranse tickets á entrada do acto.

Por parte de Vilagarcía intervirán no certame as comparsas de Vilaxoán "Os Trancheiros", "O Xoubal" e Marajota e Media", ás que se suma "Vivir do Conto", de Carril . O Grove contará con tres chirigotas, "Os da Bayuca", "As + Plus" e "Os de Casualidá". De Vilanova veñen as formacións "Vellas Glorias" e "Os Golfiños" e de Sanxenxo "Os de Toalla".

A entrada ao certame de Comparsas do Domingo de Entroido é libre e de balde, pero entregase ticket a cada persoa que acuda a ver as actuacións para poder controlar o aforo por motivos de seguridade. Os tickets no estarán numerados e a xente deberá devolvelos se abandonan o Auditorio antes do remate do espectáculo co obxecto de que se poida dar acceso ás persoas que quedaran fora.

O Certame de Comparsas de Vilagarcía non ten carácter competitivo. Cada unha das 10 formacións inscritas recibirá 300 euros como compensación.
 
Top