FESTIVAL DE DANZAS DO MUNDO (12-13feb)

Jueves 19:30h y viernes 18:00h, en Sala de Concertos da Escola Municipal de Música de Vilagarcía. Entrada libre

A ESCOLA DE MÚSICA CELEBRA AS SESIÓNS DO FESTIVAL DE DANZAS DO MUNDO

Xoves Música e Movemento 4 anos
Venres Música e Movemento 3 anos

O xoves ás 19:30 actúan os alumnos de Música e Movemento de 4 anos, e o venres os de 5 anos

Os máis cativos do centro, os educandos de 3 anos, tamén actuarán o venres ás 18:00 horas

A Escola Municipal de Música de Vilagarcía organiza por terceiro ano consecutivo o Festival de Danzas do Mundo que protagonizan os educados do ciclo de Música e Movemento. O festival divídese en dúas sesións. A primeira celebrarase mañá, xoves 12, ás 19:30 horas na Sala de Concertos do centro e os protagonistas serán os alumnos de 4 anos de idade. Na do venres, no mesmo lugar e á mesma hora, inservirán os nenos e nenas de 5 anos. E como novidade, os máis cativos da Escola, os alumnos de 3 anos, terán unha función propia o venres ás 18:00 horas. A entrada é libre e de balde.

No festival representarase unha selección de danzas de todo o mundo, que os nenos e nenas interpretarán en función da dificultade das coreografías e acorde aos seus respectivos niveis de formaicón. Os temas foron escollidos polos mestres de Música e Movemento, logo dun longo traballo de investigación para ser o máis respectuosos posible coas danzas orixinais.

O equipo docente tivo que adaptar algunhas das coreografías para adaptalas ás dimensións do escenario da sala de concertos da Escola. Tamén se intentou recorrer o maior número de países posibles, traballando tamén nas clases cos mais pequenos as costumes e tradicións destes países.

O Festival de Danzas do Mundo é a primeira das actuacións que a Escola Bernardo del Río organiza no segundo trimestre do ano. No primeiro foron os nenos e nenas de 6 e 7 anos os que demostraron enriba do escenario as súas dotes coa frauta doce tocando os temas traballados no inicio do curso.
 
Top