IX premio igualdade de xénero 30abr'15

IX premio igualdade de xénero (hasta 30abr)

O cim convoca o ix premio para a igualdade de xénero "boas prácticas na escola". Poden participar centros educativos de Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato. Os proxectos poden presentarse ata o 30 de abril. Concederanse tres premios ás propostas máis valoradas, dotados cada un deles con 500 euros

O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello vén de convocar a novena edición do Premio para a Igualdade de Xénero "Boas Prácticas na Escola" no que poderán participar todos os centros educativos do municipio, así como as asociacións de pais e nais. Baixo o lema de "IgualDÁ", este premio creouse coa intención de promover a igualdade entre nenos e nenas, previr e erradicar a violencia de xénero a través de proxectos educativos a desenvolver nos centros de Ensino Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato. Para concursar haberá que presentar un proxecto educativo a desenvolver durante o curso. O prazo de presentación remata o 30 de abril.

O IX Premio para a Igualdade de Xénero "Boas Prácticas na Escola" ten como destinatarios os centros de ensino do municipio financiados con fondos públicos e as candidaturas poden ser presentadas polo profesorado, os departamentos ou a dirección do centro, así como polas ANPAS, sempre que nos proxectos estea involucrado activamente o alumnado.

As propostas de boas prácticas que concorran ao a concurso deberán tratar sobre o tema da educación para a igualdade e a prevención da violencia de xénero, cunha aplicación necesariamente práctica. Estes programas deberán ter comezado, aínda que non rematado, na data de finalización do prazo de presentación das propostas.

A Área de Igualdade do Concello concederá tres premios dotados cada un con 500 euros. As propostas serán avaliadas por un xurado con representación do Concello, do Consello Local da Muller, do Consello Escolar Municipal e dirección do CIM.

O fallo dos Premios responderá ás tres propostas mellor valoradas polo xurado. Para elo teranse en conta criterios como a planificación e desenvolvemento do proxecto, os obxectivos e a coherencia das actuacións realizadas cos mesmos; o impacto ou resultado efectivo que tivo; o carácter innovador; o enfoque transversal ou a sustentabilidade no tempo das accións, é dicir que teña como resultado cambios duradeiros que se poidan incluír nos Plans de Acción anual, no Proxecto Educativo do centro ou no Plan de Convivencia.

Distribución das bases

A Área de Igualdade repartirá as bases do Premio entre todos os centros educativos do municipio para informar sobre a convocatoria e animar á presentacións dos proxectos que xa se estean a desenvolver en materia de igualdade e erradicación da violencia ou os que estea previsto levar a cabo ata final de curso. Tamén se poden consultar no taboleiro de anuncios da web municipal

Base legal

O Premio de Igualdade na Escola xorde como ferramenta para acadar os obxectivos sinalados no II Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades 2009-2012 do Concello de Vilagarcía, en concreto na área de Educación en Igualdade, na que se recolle a necesidade de "Potenciar a coeducación e a educación en igualdade a través de accións formativas, de difusión e de sensibilización"

Suscríbete a Arousa TV por correo

BASES

CREACIÓN DO PREMIO, ÁMBITO E OBXECTO
o CIM da Área de Igualdade convoca para o presente curso 2014-2015 a novena edición do PREMIO PARA A IGUALDADE DE XÉNERO: BOAS PRÁCTICAS NA ESCOLA dirixido a promocionar a educación en igualdade entre nenos e nenas e máis á erradicación da violencia de xénero, no ámbito municipal.

A finalidade desta convocatoria baséase nos obxectivos propostos na Área de Educación en Igualdade do 11 Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades 2009-2012, entre os que queremos resaltar os de "Potenciar a coeducación e a educación en igualdade a través de acción s formativas, de difusión e de sensibilización".

PREMIO

Haberá tres premios ás tres mellores prácticas, valoradas entre todas as que se reciban no prazo fixado, podendo quedar deserto algún dos premios por non existir experiencias que se adecúen aos obxectivos dos mesmos.

O premio irá destinado para o Centro Escolar ou ANPA que o desenvolveu, quedando obrigados a adicar parte do premio a desenvolver algunha actividade de lecer co alumnado que participou no mesmo e na que debera ter visibilidade o obxectivo de igualdade que motivou o premio.

Cada premio estará dotado de 500,00 euros. Esta cantidade, 1.500,00 euros contabilízase con cargo á partida 235/481 do orzamento do CIM da Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía de Arousa, quedando condicionada á existencia de crédito suficiente e adecuado nos orzamentos municipais de 2015.

DESTINATARIOS/AS

Os centros de ensino de infantil, primaria, secundaria e bacharelato financiados con fondos públicos do Municipio de Vilagarcía de Arousa. As propostas poderán ser presentadas pola dirección do centro, por algún departamento ou área de traballo ou por profesorado de xeito individual, así como polas ANPAS, sempre que no seu proxecto estea involucrado activamente o alumnado.

AS PROPOSTAS

As propostas de boas prácticas que se presenten ao concurso deberán describir unha acción ou experiencia que teña como eixe principal a educación para a igualdade entre nenos e nenas ou mozos e mozas elou a prevención da violencia de xénero

Serán de aplicación necesariamente práctica e deberán ter comezado, aínda que non rematado, na data de finalización do prazo de presentación das pro postas.

Pódense presentar tantas pro postas coma o Centro educativo elou ANPA desexen, sempre e cando reúnan os requisitos para a súa solicitude.

As experiencias propostas deberán ser orixinais, non podendo ser anteriormente premiadas noutros concursos, aínda que si terán absoluta autonomía para optar a eles con posterioridade.

Cada unha das propostas de boas prácticas que se presenten deberá axustarse á "Ficha IX Premio para a igualdade de xénero: Boas prácticas na escola", que se facilitará dende o Departamento de Igualdade.
Deberán presentarse en formato papel, por duplicado, con extensión non superior a 20 folios, a unha cara e cun interliñado de 1,5.

En cumprimento do artigo 3-2 m) do Regulamento do Servizo de Normalización lingüística do Concello de Vilagarcía, os proxectos serán presentados necesariamente en lingua galega. A información sobre as propostas presentadas poderá ser publicada ou difundida polo Concello de Vilagarcía, coa finalidade de favorecer o intercambio de experiencias con outros centros educativos. En todo caso, indicarase sempre o nome do centro/ANPA que a presentou.

A valoración das mesmas farase antes de que remate o presente curso escolar.

OBRIGAS DAS/OS BENEFICIARIAS/OS

É obriga dos centros, profesorado ou departamentos beneficiarios, así como das ANPAS, a entrega dunha pequena memoria final da experiencia así como unha valoración dos obxectivos acadados, segundo o modelo que se lIes facilitará tamén no departamento de Igualdade. Esta memoria se lIes requirirá unha vez estean entregados os premios e haberá un prazo de 20 días para entregala.


SOLICITUDES

As solicitudes dirixiranse á Alcaldía coa seguinte documentación:
  • Unha instancia xenérica debidamente cumprimentada, modelo que se facilitará nas dependencias da Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía, ou ben na web municipal, www.vilagarcia.es
  • A Ficha "IX Premio para a igualdade de xénero: Boas prácticas na escola", facilitada pola Área de igualdade, debidamente cuberta, na que se describirá a acción presentada, seguindo os apartados que se facilitan na mesma.
  • Poderase engadir como ANEXO, calquera outra información ou material que se estime oportuno e que complete e amplíe o que se expón na ficha.
  • Fotocopia do DNI da persoa que asina a solicitude, e da que vai a dirixir a execución do proxecto, no caso de non ser a mesma.
  • Certificación expedida polola Secretario/a do Centro da presentación e aprobación do proxecto polo Consello Escolar, tamén para as ANPAS, segundo o modelo que se facilita.
  • Declaración dola Secretario/a co VO e Prace dola Directoria na que se fagan constar as contías das axudas asignadas ou recibidas por outras administracións públicas, así como doutros axentes para a mesma finalidade. No caso das ANPAS, declaración do la Secretario/a co VO e Prace dola Presidente/a, segundo o modelo que se facilita.
LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

As solicitudes acompañadas da documentación complementaria entregaranse no Rexistro de Entrada do Concello de Vilagarcía en horario de atención ao público. O prazo de admisión de solicitudes finaliza o día 30 de abril de 2015.

TRAMITACIÓN

A Área de Igualdade revisará os expedientes de solicitude e verificará que conteñen a documentación esixida. Se resulta que a documentación está incompleta ou defectuosa, requirirase ao solicitante para que no prazo de DEZ DíAS hábiles a partir da data da notificación, achegue a documentación necesaria ou corrixa os defectos observados, facéndolle saber que, no caso de incumprimento, a súa solicitude arquivarase sen máis trámite. Unha vez rematado o prazo de dez días e feitas as correspondentes achegas, remitiranse estas ao xurado constituído a tal fin, para a súa deliberación.

XURADO

O xurado estará constituído por:
  • A Concelleira da Área de Igualdade.
  • A Concelleira de Educación.
  • Unha representante do Consello Local da Muller e outra/o polo Consello Escolar Municipal.
  • A Directora do CIM (que fará as funcións de secretaria, con voz pero sen voto).
O xurado poderá solicitar a colaboración doutras persoas de recoñecido prestixio ou destacadas polo seu labor nos temas relacionados coa Igualdade de Oportunidades.

RESOLUCIÓN E NOTIFICACIÓN

Unha vez finalizada a avaliación dos traballos, o xurado, a través da Área de Igualdade, elevará proposta para a concesión dos premios á Xunta de Goberno Local. Posteriormente, notificaráselle a decisión ás entidades gañadoras, coa data e lugar de entrega de premios.

CRITERIOS DE VALORACIÓN

Para a valoración das boas prácticas presentadas teranse en conta os seguintes criterios:
  • A planificación e desenvolvemento, é dicir, a formulación de obxectivos concretos e a súa coherencia coas actuación propostas.
  • O impacto, é dicir, as principais melloras conseguidas en cuanto á igualdad e de xénero e/ou prevención da violencia de xénero.
  • A coordinación do centro e/ou asociación con outras entidades e entre os propios membros da comunidade educativa: profesorado, departamentos, equipo directivo e ANPAS.
  • A sustentabilidade no tempo, é dicir, a manifestación de cambios duradeiros que se poi dan incluír nos Plans de Acción Anual, no Proxecto Educativo do Centro, no Plan de Convivencia ou dentro das programacións anuais da asociación.
  • A innovación no contido da experiencia, ou da súa metodoloxía ou tamén da súa aplicabilidade práctica e a posibilidade de transferencia, é dicir, que a proposta poida ser presentada froito de resultados de traballos ou experiencias anteriores neste eido; ou ben poida formularse na proposta presentada o xeito de arte llar os resultados ou conclusións deste traballo na práctica docente ou educativa cotiá, nos seus planos didáctico, interaccional ou organizativo.
  • O enfoque transversal de xénero ao longo de toda a experiencia.
Cada un destes criterios terá unha valoración máxima de 3 ptos.
2015
febrero 13, 2015
0

Comentarios

Search

Popular Posts

Festas de Santa Rita en Vilagarcía de Arousa 2019

18 al 22 Mayo 2019: Eventos en Vilagarcía de Arousa

AUTOBUS

Del 1 de julio al 10 de septiembre de 2019  HORARIOS DE AUTOBUS. VERANO 20…

Axenda Maio 2019 en Vilagarcía de Arousa

Maio 2019: Eventos en Vilagarcía de Arousa  AGENDA CULTURAL DE EVENTO E …

Labels