Sábado, entroido nas rúas

PIÑATA APACHE 

Ven o sábado 21 a Vilagarcía disfrazado de indios ou vaqueiros, participa no noso concurso de disfraces e participa do fenomenal ambiente do Sábado de Piñata co que despedimos o entroido

VILAGARCÍA TRANSFÓRMASE NO FAR WEST PARA CELEBRAR O SÁBADO DE PIÑATA

Vaqueiros, indios e todo aquello relacionado cos westers optarán aos premios do "Piñata Apache"

Vilagarcía despídese de Don Carnal esta fin de semana co concurso de disfraces do Sábado de Piñata que organiza a Asociación de Hostaleiros Ahituvi en colaboración coa Concellería de Cultura e Zona Aberta. Durante a noite de Piñata, a cidade transformarase no Far West para vivir unha película de vaqueiros e indios na que se premiará os mellares disfraces temáticos.

"Piñata Apache" é o título desta nova edición do concurso de disfraces do Sábado de Piñata co que os organizadores pretenden animar a noite vilagarciá. Como na edición anterior, poderán concursar tanto persoas como os locales da movida, uns disfrazados e representando o papel correspondente, e outros cos seus locales ambientados para a ocasión.

A Piñata Apache comezará á medianoite co inico da inscrición dos participantes na carpa que se instalará na zona da Alameda. As persoas que vaian disfrazas coa temática do Oeste deberán deixarse fotografiar pola organización para logo ser sometidos á decisión do xurado. Ademáis da orixinalidade do disfraz, tamén se valorará a animación ou interpretación dos papeis. A inscrición pecharase ás 2 da madrugada.

Haberá un premio de 300 euros para o grupo mellor disfrazado e máis animado e o mellor disfraz individual recibirá un vale de compra en establecementos de Zona Aberta por importe de 150 euros. O local mellor decorado para ambientar esta noite de vaqueiros e indios recibirá 300 euros.

Un xurado percorrerá os locais da movida que participen no concurso para avaliar tanto a decoración destes, como os disfraces e a animación dos concursantes. Os premios aos gañadores entregaranse o sábado seguinte.
Suscríbete a Arousa TV por correo
 
Top