PRESENTACIÓN LIBRO "I SIMPOSIO DE HISTORIA E PATRIMONIO CULTURAL" (13feb)

Viernes 20:00h, en Salón García

O CONCELLO EDITA UN LIBRO COS RELATORIOS DO I SIMPOSIO DE HISTORIA E PATRIMONIO CULTURAL DE VILAGARCÍA DE AROUSA CELEBRADO EN MAIO

Os exemplares irán a engrosas os fondos das bibliotecas públicas e dos centros educativos e tamén se reservan para regalos institucionais do

A obra preséntase mañá nun acto público a celebrar no Salón García ás 20 horas

A primeira edición componse de 500 exemplares

Concello de Vilagarcía edita un libro sobre o I Simposio de Historia e Patrimonio Cultural de Vilagarcía de Arousa promovido pola Concellería de Cultura e que se celebrou o pasado mes de maio coa colaboración do colectivo Amigos del Románico. O libro "Arousa Medieval y Románica" recolle os relatorios dos historiadores, catedráticos e estudosos do patrimonio histórico da cidade e a súa contorna que participaron no simposio e está ilustrado con fotografías dos lugares e monumentos citados. A obra preséntase ao publico mañá, ás 20.00 horas no Salón García.

A tirada desta primeira edición do libro do Simposio de Historia e Patrimonio Cultural de Vilagarcía componse de 500 exemplares que a Concellería de Cultura ten previsto destinar a engrosar os fondos das bibliotecas públicas municipais, así como as dos centros educativos do municipio. Tamén se remitirán as bibliotecas universitarias a efectos divulgativo e para o estudio e deixaranse uns exemplares para os agasallos institucionais do Concello. Coa publicacio´n, ao igual que co simposio, Cultura pretende promover o coñecemento da historia e riqueza patrimonial de Vilagarcía entre a poboación en xeral, xa que o coñecemento implica a valoración e isto facilita o respecto e a conservación. Con esta idea preténdese que o simposio teña continuidade con vindeiras edicións.

A presentación de mañá correrá da man do alcalde, Tomás Fole; da concelleira de Cultura, Rocío Llovo e do catedrático e director do simposio, Augusto Guedes, que tamén se encargou da dirección editorial. Ao acto están invitados todos os relatores e os asistentes ao simposio, así como todas as persoas interesadas no tema.

Autores e relatorios:

A publicación recolle unha introdución firmada polo profesor Guedes e os traballos expostos polos oito relatores participantes na primeira edición do simposio. Son:

- Patrimonio y Territorio. Factores para una gestión cultural sostenible, de Juan M. Monterroso Montero
- Patrimonio Románico y Sociedad Civil. Cuando los ciudadanos asumen la iniciativa de divulgar y conservar el patrimonio, de Juan Antonio Olañeta Molina
- El Territorium Salñiniense y los orígentes altomedievales de la comarca de Arousa, de Carlos Baliñas Pérez
- El Románico Mar de Arousa. Arqueología de un paisaje medieval, de Xurxo M. Ayán Vila
- El portal románico como "Performance", de Manuel Castiñeiras
- Patrimonio Románico de Vilagarcía de Arousa. San martín de Sobrán y San Pedro de Fontecarmoa, de Alicia Padín Buceta
- La expansión hispana de los esmaltes de Limoges. Estudio de los frontales de Aralar, Silos y Ourense, de Augusto Guedes de Castro
- "En Romaría" y con "Lirias no son". Cantigas Medievales gallego-portuguesas (de Santiago de Compostela a O Salnés), de Mª Isabel Morán Cabanas.

Cuadernos de Color

O libro péchase cos "Cuadernos Color", apartado no que se recollen fotografías de lugares, monumentos e elementos citados no libro e que foron tomadas por diversos autores.
 
Top