#TRENDINGTRONCHING. LEO HARLEM & LEO OLALLA 

Sábado 20:00h y 22:00h, humor en el Auditorio

Doble función.

O cómico leonés presenta en febreiro o seu espectáculo "Trendingtronching"

As entradas xa se poden adquirir a través de servinova. O prezo da venta anticipada é máis baixo

O panorama cultural do primeiro trimestre do ano 2015 asoma repleto de risas e de o humor máis agudo. Entre os numerosos espectáculos previstos destacan as sempre esperadas e ben recibidas actuacións de Leo Harlem e Luis Piedrahita, dous dos monologuistas cómicos de maior prestixio do noso país. As entradas xa están á venta e poden ser un orixinal e saudable agasallo de Nadal, posto que tan de moda está a risoterapia.

Leo Harlem. O cómico leonés subirase ao escenario do Auditorio o 7 de febreiro acompañado de Serxio Olalla para representar o seu último e desternillante espectáculo "Trendingtronching".

As localidades xa están dispoñibles través da web www.servinova.com e da billeteira telefónica 902 504 500 na modalidade de venta anticipada, e tamén se poderán adquirir o día da función no Auditorio. Os prezos para as zonas A e B son de 18 euros en venta anticipada e 20 en taquilla: A zona C custa 15 euros en anticipado e 17 o día da sesión.

Estes dous espectáculos están xirando polos principais teatros e Auditorios de España. Chegan a Vilagarcía da man de Etiqueta Negra Producciones, firma que ten previsto seguir programando actuacións de primeiro nivel en Vilagarcía nos vindeiros meses.
Suscríbete a Arousa TV por correo
 
Top