"Obradoiros impartidos por dos ilusionistas profesionales especialistas en docencia magica infantil"

OBRADOIROS CO MAGO XACOBE E O MAGO PEDRO BUGARÍN

Del lunes 30 de Marzo al 1 de Abril, de 10:30h a 13:30h en el Auditorio de Vilagarcía.

Inscripción previa 24 plazas, en Concello. (se aumenta a 72, por la demanda, nueva sesión por la tarde)

Nenos de 8 a 16 anos.

O Mago Xacobe e Pedro Bugarín serán os monitores da actividade

Trátase dunha actividade lúdica e de conciliación familiar que enlaza co Campamento Urbano de Semana Santa para nenos de 3 a 7 anos

Os rapaces de 8 a 16 anos de Vilagarcía tamén disporán esta Semana Santa dunha actividade lúdica e creativa na que ocupar o tempo libre das vacacións, ao tempo que contribúen a conciliar a vida familiar nas súas casa. Trátase dun obradoiro de maxia que organiza a Concellería de Xuventude co obxecto de facer chegar as actividades socio educativas, de ocio e tempo libre e de concliliación a un novo tramo de idade e chegar tamén a máis familias.

Para atender os gustos dos rapaces de 8 a 16 anos, o departamento que dirixe Sandra garcía optou por organizar unha actividade con moito atractivo. Trátase dun obradoiro de maxia que impartirán o Mago Xacobe e Pedro Bugarín, ilusionistas profesionales con ampla traxectoria e especialistas en docencia máxica infantil. Nel os rapaces achegaranse e coñecerán de primeira man sinxelos segredos de maxia que poderán poñer en práctica de inmediato e compartir cos seus amigos e familiares.

Pedro Bugarín é un coñecido mago galego especialista en docencia máxica e en espectáculos familiares. Con tan só 23 anos posúe unha gran experiencia no campo das actividades infantiles e no mundo dos espectáculos de maxia para eventos e celebracións.

O Mago Xacobe é un dos ilusionistas galegos máis recoñecidos gracias ás súas intervencións en programas de televisión como Luar, Supermartes, Pasarela de Estrelas, Tardes con Ana, Pequeno Gran Show ou Desexos Cumpridos.

A actividade organizada por Xuventude impartirase os días 30 e 31 de marzo e o 1 de abril pola mañá, en horario de 10.30 a 13.30 horas no Auditorio Municipal. Disponse de 24 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. A participación é de balde e os interesados deberán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello do 17 ao 24 de marzo en horario de 8.30 a 14.30 h. e de 17.00 a 20.00 h de luns a venres e os sábados de 10.00 a 13.00 h.


 
Top