TERMALISMO SOCIAL URBANO

Del 15 de Abril al 15 de Mayo

Inscripción previa hasta el 10 de Abril. 30 plazas. Precio 35€ al mes (2 meses)

O Termalismo Social Urbano é un dos programas municipais máis demandados polo colectivo de Persoas Maiores. O seu obxectivo é facilitar que estas persoas poidan acceder a circuítos termais e demais servizos do SPA como un medio de mellorar a súa calidade de vida e benestar. Ademais dos beneficios terapéuticos e relaxantes, o programa ofrece a avantaxa de que se presta no municipio, no centro da cidade, polo que os usuarios non teñen que desprazarse ata outras localidades.

Os requisitos para poder acceder a este programa son estar empadroado en Vilagarcía, ser maior de 65 anos ou ter 55 anos cumpridos e estar xubilado, pertencer a outro grupo doutros pensionistas do Sistema Público de Pensións. Tamén se permitirá participar ás persoas que aínda non cumprindo os requisitos antes mencionados, sexan recomendados a través des Servizos Sociais Municipais como "situación de respiro familiar". Ademais, os beneficiarios non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa, e estar en condicións de total autonomía persoal.

As 30 prazas dispoñibles cubriranse por orde no Rexistro de Entrega das solicitudes. Os formularios de inscrición deben recollerse no departamento de Persoas Maiores e entregarse cubertos, no Rexistro Xeral do Concello dentro do prazo estipulado e en horario de 9 a 14 horas.



 
Top