TERTULIAS EN CÍRCULO

Los miércoles, 19:30h en Avda da Mariña

Participación libre

Continuando coa iniciativa doutras localidades como Pontevedra e A Coruña, Podemos Arousa organizará unha tertulia política semanal. As “Tertulias en círculo” terán lugar os mércores a partir das 19:30 no Bar Avenida e estarán abertas a todas aquelas persoas que queiran participar. Nelas trataremos temas de actualidade, tanto a nivel estatal como a nivel do concello,ou calquera das propostas de interese que as persoas presentes queiran compartir. Consideramos que a posta en común de ideas e o debate son ferramentas claves da democracia participativa, un dos nosos obxectivos prioritarios como círculo de Podemos.
 
Top