ANGELINA O EL HONOR DE UN BRIGADIER

Sábado 11 de abril de 2015, 20:00h teatro en Paseo Ramón Patiño, 07. Vilaxoán (fronte a praia do Preguntoiro)

CLÁMIDE REPRESENTA UNHA COMEDIA DE JARDIEL PONCELA

A posta en escena corre da man dos integrantes do grupo xuvenil Alfa e terá lugar o sábado no Gato de Negro de Carril

O grupo xuvenil "Alfa" pertence o grupo de teatro Clámide e porá en escena o texto de Enrique Jardiel Poncela "Angelina o el honor de un brigadier".

En ton de comedia, a obra xira en torno ás vicisitudes de Angelina, a moza á que Rodolfo está a piques de pedirlle a súa man, por expreso desexo do pai dela, o brigadier Don Marcial. Abafada pola situación, Angelina fuxe co seu namorado Germán. Tras ser descubertos por Don Marcial, este descobre, tras ferir en duelo a Germán, que este ten tamén unha relación coa nai de Angelina, Dona Marcela. Unha súbita aparición dos fantasmas dos pais de Marcial, confirmándolle que tamén eles foron no seu día infieis, lévao a outorgarlle o perdón á súa esposa.

Esta Asociación ten o pracer de convidar a todos os amantes do teatro á presentación da obra: Angelina, O el honor de un Brigadier. Obra de Enrique Jardiel Poncela.

Será interpretada pola Compañía de Taller de Teatro Clámide de Vilagarcía.

A presentación terá lugar no Centro Socio-Cultural (Paseo Ramón Patiño nº 07) o vindeiro sábado día 11 de abril ás 20:00 horas. Entrada de balde
 
Top