"Os trastornos por déficit de atención e hiperactividade nos nenos"

CHARLAS ORIENTATIVAS SOBRE TDAH

Los jueves 23 y 30 de abril de 2015, 19:00h, charlas en sala de conferencias del Auditorio de Vilagarcía

Entrada libre

Jueves 23 a las 19:00h para profesorado y a las 20:30 para padres. Jueves 30 a las 19:00h para alumnos.

Os trastornos por déficit de atención e hiperactividade entre os nenos e adolescentes é unha das problemáticas que máis preocupan na actualidade aos pais e nais polos efectos negativos que teñen na aprendizaxe e nos estudos. Para resolver dúbidas, informar e asesorar ás familias, programaronse dúas sesións abertas a toda a poboación interesada que se desenvolverán os días 23 e 30 de abril no Auditorio en horario de tarde.

A necesidade de abordar esta temática xurde ante impresión xeneralizada de que na actualidade existen moitos máis casos de nenos e nenas con déficit de atención ou hiperactividade, trastornos que en moitos casos lles impiden un normal desenvolvemento educativo e que lles provoca problemas nos estudos. Non obstante, é preciso unha correcta diagnose destas afeccións, xa que de confirmarse deben ser tratadas convenientemente. Do mesmo xeito que é preciso diferenciar aqueles casos que, aínda tendo síntomas comúns non se corresponden con este tipo de trastornos e que deben abordarse doutro xeito.

As charlas informativas serán impartidas por expertos na materia, estarán abertas a todo o que estea interesado.
 
Top