TREIXADURA: VENDIMA TARDA

Domingo 17 de mayo de 2015

Entrada 6€

O Día das Letras Galegas, o Auditorio acollerá esta noite a actuación do emblemático grupo de música tradicional e popular Galega, Treixadura que, para a ocasión, interpretará os temas do seu último traballo discográfico titulado, "Vendima Tarda". Con este disco, Treixadura celebra o seu 25 aniversario de traxectoria artística, polo que ás pezas inéditas que recolle, tamén se suman outros dos temas que levan anos compartindo co público. Trátase de cancións nas que a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo enlaza coa raíz musical da nosa cultura e co xeito de entender hoxe a música tradicional.
Haberá un único prezo de 6 euros para as entradas.
 
Top