SOMOS MAIORÍA: PRIMEIRA ASEMBLEA TRALAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS

Sábado 30 de maio, 11:00h no Auditorio

Entrada libre


Desde Somos Maioría destacan que esta convocatoria ten o obxectivo de converterse nunha reunión de todas aquelas persoas que participaron na lista electoral da formación, así como aquelas que colaboraron na xornada electoral e tamén das e dos asinantes do manifesto ao abeiro do que xurdiu a plataforma cidadá que acaba de obter unha acta de concelleiro para formar parte da corporación municipal na seguinte lexislatura. Somos Maioría quere ademais ampliar este chamamento a todas aquelas persoas que se vexan identificadas con este movemento cidadán ou que se queiran informar do funcionamento asembleario do mesmo.

Desde Somos Maioría queren enfocar esta reunión cara a unha análise polo miúdo da distribución territorial dos votos obtidos en Vilagarcía de Arousa, se ben tamén se pretende que teña un carácter de celebración polo magnífico resultado que lle proporcionaron as urnas este pasado domingo.

SOMOS MAIORÍA - PARTICIPACIÓN DEMOCRÁTICA DIRECTA.
 
Top