A HORA DO CONTO CO CARACOL SOL-SOL

Del martes 13 al 15 de mayo de 2015, 11:00h en Biblioteca Municipal Rosalía de Castro

Para escolares de 5 e 6 anos

O CARACOL SOL-SOL RECIBE ESTA SEMANA NA BIBLIOTECA ESCOLARES DE 5 E 6 ANOS

Cada día ás 11 da mañá comezan as sesións da campaña de animación á lectura que organiza o centro municipal con motivo das Letras Galegas

A Hora do Conto tamén chegará ás Axencias de Lectura de Carril, Vilaxoán e Bamio

A Biblioteca Municipal de Vilagarcía recibe esta semana a decenas de escolares dos centros de Primaria do municipio cun anfitrión moi querido polos cativos. Trátase do caracol Sol-Sol, que vive na Biblioteca, e que será o encargado de dirixir cada mañá "A Hora do Conto" organizada no marco da campaña de animación á lectura co gaio da conmemoración das Letras Galegas.

Cada día, ás 11 da mañá, o Caracol Sol-Sol da a benvida ao grupo de nenos e nenas de 5 e 6 anos aos que se dirixe esta campaña co obxecto de adentralos no mundo dos libros e da lectura dun xeito divertido, ademais de ensinarlles as instalacións da Biblioteca e os servizos dos que dispoñen para poder acceder a innumerables aventuras a través dos contos.

A campaña que comezou na Biblioteca Municpal Rosalía de Castro tamén chegará ás Axencias de Lectura de Carril, Vilaxoán e Bamio.

Esta actividade forma parte do programa de acos organizados pola Rede Municipal de Bibliotecas para conmemorar o Día das Letras Galegas. Unha exposición nas instalacións de Rey Daviña sobre esta importante data para a cultura galega e dos autores homenaxeados nas últimas décadas, con especial énfase a Xosé Filgueira Valverde, ao que se lle dedica a celebración este ano, amplía o programa, que se completa coa actividade "Imos xogar con Filgueira Valverde", un divertido xogo por equipos no que os participantes descubrirán a orixe e significado do Día das Letras Galegas e coñecerán a Filgueira Valverde.
 
Top