Viernes 29 de mayo de 2015, 20:00h en Seminario 1 del Auditorio

CHARLA COLOQUIO SOBRE FIBROMIALXIA: UN ENFOQUE MULTIDISCIPLINAR

A Asociación Galega de Fibromialxia - AGAFI organiza, unha charla-coloquio sobre “Fibromialxia: un enfoque multidisciplinar”. 

Ponentes

  • M. Dolores Bermúdez - Presidenta de AGAFI (saúdo de presentación e apertura do acto)
  • Mar Martín - Médica especialista en saúde laboral e colaboradora de AGAFI
  • Mª Teresa Carrillo – Psicóloga da Facultade da USC e responsable do equipo de investigación que están levando a cabo sobre “A percepción da dor e sobre o estudo xenético na Fibromialxia”
  • Nuria Cascón – Fisioterapeuta e colaboradora de AGAFI en Arousa Salnés
A través desta charla, a parte de concienciar á cidadanía sobre esta enfermidade, AGAFI conta abrir unha delegación nesa localidade para todas as persoas con fibromialxia e así poder ter un lugar de encontro e tamén poder levar a cabo diferentes actividades para mellorar a calidade de vida dos afectados de fibromialxia.

AGAFI é unha asociación sen ánimo de lucro, formada por persoas afectadas por esa doenza, e voluntarios/as (afectados/as e non afectados/as), que colaboran aportando parte do seu tempo para axudar a que todos os proxectos saian adiante.

A fibromialxia consiste nunha enfermidade crónica caracterizada por unha dor xeneralizada que, nalgúns casos, pode chegar a ser incapacitante. É un problema importante de saúde pola súa elevada prevalencia, morbilidade e polo alto índice de frecuentación e consumo de recursos sanitarios que orixina. O 90% dos pacientes son mulleres e afecta a un 6% dos afectados que acoden ás consultas de atención primaria.

A fibromialxia caracterízase por: dor xeneralizada que se acompaña de rixidez, cansazo, sono non reparador, falla de concentración, e outras alteracións xerais como son taquicardias, malestar abdominal, sensibilidade á luz e ao son,....

É unha enfermidade de orixe descoñecida que non produce alteracións orgánicas, polo que as analíticas, radiografías,... son normais, baseándose entón o seu diagnóstico no cadro clínico e na exclusión de outras enfermidades. Evoluciona en brotes e non existe tratamento específico, só se tratan os síntomas.

Tfno de contacto: 650261738 (M. Dolores, presidenta de Agafi)
 
Top