Exposición de María Xiraldez.

Del 21 de mayo al 19 de junio de 2015, en Sala de Exposicións do Auditorio de Vilagarcía

Entrada libre

A mostra titulada "Nais, espirais" componse de 26 pinturas, dúas esculturas e unha talla de Madeira, todas obras recentes da artista que experimenta con diversas técnicas e estilos. O figurativo é o preferido para abordar os temas femininos, pasando tamén polo impresionismo, algo de surrealismo e coas primeiras incursións no abstracto. E Xiraldez aborda cada un deles facendo uso indistintamente de pastel, acrílico ou acuarela.
No apartado escultórico, atopamos na mostra unha peza de granito de Campo Lameiro, unha de función de aleación de bronce e unha talla de madeira de piñeiro.

María Xiráldez é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca na especialidade de escultura. Ten colgado obra en varias salas da capital salmantina e participou en numerosas exposicións colectivas en Vilagarcía.

 
Top